Pasar al contenido principal
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • El Carnaval
  • Artículos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Agenda
  • Protagonistas
  • Carteles
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Adiviñas, Coplas e Refráns

Adiviñas
 
Cómese no Entroido
A pesar da cachola,
As orellas e os cachelos.
¿qué é?
(As filloas)
 
¿Qué será que cando chega
cunha ledicia sen par,
a xente tápase a carga
e logo ponse a bailar?
(O entroido)
 
 
Refráns-Ditos
 
Día de Antrroido
e dia de Pascua,
Cada larpeiro
na súa casa.
 
Antroido á raxeira,
Pascuas na lareira.
 
Antroido á porta
para comeza-la cabeza do porco.
 
En Antroido,
disfraz de coiro
 
En tempos de Carnaval,
ningunha cousa está mal.
 
O antroido
alárgalle o coiro.
 
Venres de Comadres,
sábado fillogueiro,
domingo lardeiro,
luns gordo
e martes de Antroido.
 
San Matías coas súas artes
fai caer o Antroido en martes.
 
No Carnaval,
nada senta mal.
 
 
 
Coplas
 
Ven Antroido, ven axiña,
con mázcara e barullo,
para poder brincar coas mozss
e para encher ben o bandullo.
 
Adeus martes de Antroido,
adeus meu amiguiño,
ata o domingo de Pascua
non comerei máis touciño
 
Cacaracá,
ponte na pá,
Faime un bolo,
cómeo todo,
deixa un bocado
para o martes de Antroido.
 
 
 
Martes de Antroido,
ti has de vir,
cuncas e platos
han de ruxir.
 
Cacaracá,
ponte na pá,
Faime un bolo,
non o comas todo,
deixa unha miga
para o día de Entroido.
 
Eu quería ó carnaval
como un irmán verdadeiro,
agora xa non o quero,
que me chaman entroideiro.
 
¡Que ledicia! ¡Que festa!
¡Que chea de risas...!
Son os ananiños que se divirten
tirando cousas do arcón
da vella Alba.
E non é para menos,
que estamos no Entroido.
 
Anque lle vimos aquí,
non é por facerlle mal,
vimos por lle anunciar
que estamos no Carnaval.
 
¡Vinde nenas!
¡Vinde nenos!
Non quero cara de penas
e de choros moitos menos.
O Entroido imos festexar:
filloas e orellas
comeremos a fartar.
de disfraces non falemos
que eso non faltará.
 
Adeus martes de Entroido,
unto vello e longaniza,
escondeivos compañeirois
que hoxe é corte de linza.
 
Ha llegado el carnaval,
eEs un día de ilusión,
pues me puedo disfrazar
con mucha imaginación.
 
Aí ven o Entroido,
e festa rachada,
os nenos na escola
faremos foliada.
 
Un martes de carnaval
de gitana me vestí,
en un gran salón de baile
a mi amante perseguí,
le di las buenas noches
y de esta manera le hablé:
Tienes dos comprometidas,
comprometidas de amor,
una es alta y morena,
y la otra rubia como el sol,
no te cases con la morena
que serás un desgraciado,
cásate con la rubia
y serás afortunado.
 
¡Delgadiña, delgadiña
quen te vestíu de gorda,
con careta e sen careta
a fame ben se che nota.
 
Dicen entre elas falando
eu non saio polas casas,
porque nunhas danme caldo
e noutras danme papas.
 

Recollidas por alumnos do colexio Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de
Lea (Castro de Rei-Lugo), nos cursos 95-96 e 96-97, e publicadas no libro
“Anacos da nosa cultura”.
 
Alumnos do colexio Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de Lea
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • Alumnos do colexio Veleiro Docampo de Castro Ribeiras de Lea
  • Sobre o Entroido
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia