Pasar al contenido principal
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • El Carnaval
  • Artículos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Agenda
  • Protagonistas
  • Carteles
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Entroido larpeiro

A orixe do entroido pérdese no tempo. Houbo épocas nas que ningunha aldea deixaba de vivir as súas entroidadas, sinxelas e liberadoras. Festas colectivas e populares, nas que todos tomaban parte. Na Galicia dos antergos o entroido sinalaba o fin do inverno e a chegada das sementeiras, e o comezo da coresma... A afección á mesa abondosa e ás libacións xenerosas son compoñente que nos define. O noso país sufríu fames históricas, ó punto que estudosos – como o doutor García Sabell, médico e antropólogo eminente – chegaron a afirmar que a obsesión pola comida non é porque abunde, senon porque non a houbo; tese que compartía o noso amigo, o xornalista e gastrónomo J. V. Sueiro, que via nas fames galegas, a inclinación ás grandes comidas e cuchipandas, reacción contra a penuria sufrida, temendo que no futuro non estarían o bastante alimentados…

C.M.Barbeito no libro Galicia, sen negar a verdade tópica, que nos define só por melancólicos e soñadores, asegura que “o galego, cando se tercia,é espléndido e báquico, gran comedor, gran bebedor e gran fornicador; e dono da plenitude da vida.”.

O Carnaval polos nosos pagos vivíu a evolución, ó igual que tódalas manifestacións sociais, culturais e festivas, pero mantén a copiosa degustación do animal que é o rei da cociña, o porco; imperio que comparte cos mariscos e os peixes das nosas costas, sendo número principal do entroido o desfile polo plato do lacón e a “cachucha”; o touciño e a costela; a orella e o rabo; o lacón e os chourizos… co aditamento de garavanzos, grelos e patacas, regado todo por un bó Ribeira Sacra,e que ten o epílogo nuns postres tradicionais e exquisitos: as filloas, orellas de frade, flores do entroido, rosquiñas, follas de limoeiro, chulas…

Esquezamos por uns días, lector amigo, os ácidos úricos e colesterois; as hipertensións, glucosas e demais atrancos e comamos e bebamos. A austera coresma está á volta e non vaia ser que os xaxúns e abstinencias que nos esperan nos pillen sen reservas. Xa o dí a vella cantiga : “ Adeus, martes de entroido, / adeus, meu amiguiño / ata Domingo de Pascoa / non comerei mais touciño”....

 

Jesús Fernández López

Ver ficha completa
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • Sobre o Entroido
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia