Pasar al contenido principal
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • El Carnaval
  • Artículos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Agenda
  • Protagonistas
  • Carteles
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Os nomes do Antroido

Os nomes da troula previa ao tempo litúrxico, penitencial, que dispón para a Pascua, aluden ao escomenzo (“entroido”), ou á abstinencia da carne (“carnaval”). Anque se houbera chamado “febreira”, polo mes en que soe cair, haberia na verba a remota referencia á “purificación”. O apelativo ven de unha divinidade etrusca e xa Varrón interpretaba “februm” como “purgamentum”.

“Entroido” quer dicir tanto como “entrada” ou “inicico”, “comenzo”; é un postverbal de “introire”. O cultismo “introito”, úsase para denominar os cantos e preces con que principia a misa. En galego conviven as formas “entroido”, “antroido”, “entroiro”, con “entrudo” que é xeral en portugués. En bable é “antroxu”. No castelán rexístrase tamén “entroido”, documentado no 1229; “introido” (Nebrixa), “antruido” (Crónica de Alfonso XI e Covarrubias) e, sobre todo “antruejo” de onde sae “antruejar”, e é como “trevellar” ou andar de xolda; val como o galego “entroidar” ou “antroidar”.

Nomes vellos casteláns foron tamén “carnal”, que atopamos no “Buen Amor” e “carnes tolendas” que é dicir o tempo en que ven a privación das carnes. Dende o século XVI foron sustituidos por un italianismo “carnaval” (“carnevale”), que deriva de “carne levare”, cicais influido por “carne lasciare”, que da “carnasciale”. Cando cursabamos latín no Instituto dicíannos que a orixe estaba na exclamación “¡carne, vale!, ou en “carrus navalis”, polas carrozas das festas romanas en forma de nao. Hoxe nin tan siquera se mentan esas etimoloxías.

En Galicia os días do carnaval, que son dezasete, teñen apelativos ligados a costumes: “xoves de compadres”, no que estes se trocan regalos; o domingo “fareleiro”, levará este nome ou porque as xentes xogan a enfariñarse (“farelo” ven de “far”, é o salvado), ou a recoñecer as máscaras, “farexando”. O domingo “lardeiro” leva o nome do touciño (“lardus”), pola fartura de porco nos xantares, a carón dos “guiódices” tradicionais: filloas, flores, orellas... Tamén se chama “corredoiro” por ser o das “farándulas” e carreiras na persecución dos “choqueiros”, “irrios”, “cigarróons”... córrese a troula. Despois do “mércores de cinza” soe festexarse o “xoves de comadres”, e no domingo “cacheleiro” a “piñata”, o xogo da “rapañota” ou o “das olas”.

Este calendario ten moitas variantes e costumes moi diversas nas comarcas galegas. Quen sabe máis del, como de tantas cousas do noso pobo, é o Dr. Antonio Fraguas.

Chámanlle “lardeiro”, “Entroido”, “Coresma”, “reco”, “novio”... ao monifate que se queima ou se guinda no río no mércores de cinza; rito parello ao do “Enterro da sardina”. Taboada Chivite tiña recollido moitas notas destes costumes que fan parte dos ritos populares da expulsión do mal, da morte, do demo, das mágoas...

Non sei se houbo nas catedrais de Galicia o rito do “enterro do aleluia” que facían nos claustros os acólitos e mociños do coro o mércores “borralleiro”, para desenterrar logo o pergameo do “Gloria” do sábado santo.

Cousa curiosa: Nin “antroido”, nin “carnal”, nin “carnestolendas”... soan na poesía medieval de Galicia, onde se fala de moitas festas, tendo tanto lugar nos escritos casteláns como o do Arcipreste de Hita.

Xosé Filgueira Valverde
(El Ideal Gallego, 28-2-1981)

Xosé Filgueira Valverde
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • Qué é, cómo é o Entroido
  • Xosé Filgueira Valverde
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia