Pasar al contenido principal
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • El Carnaval
  • Artículos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Agenda
  • Protagonistas
  • Carteles
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Entroido e Festa da Androlla en Navia de Suarna

Ver actos en Agenda

 

Un ano máis teño o pracer, desde o Concello de Navia de Suarna, de convidarvos e animarvos a todos a participar na nosa benquerida Festa da Androlla, que este ano acada xa a súa XXX edición.

Unha festa, a da Androlla, que ano a ano atrae con enorme éxito a miles de visitantes e comensais, que ademais de degustar este excelente producto, visitan e descubren a beleza da nosa vila.

Por iso, convídovos a que o vindeiro 23 de febreiro veñades a degustar as nosas androllas así como a participar nos actos que temos planificados para este sinalado día, xa que estou seguro de que disfrutaredes dunha agradable xornada con nós.

En nome propio e do Concello de Navia de Suarna, dou a benvida a tódolos visitantes á XXX Festa da Androlla, desexándovos que pasedes un bo día de festa entre nós.

Unha aperta agarimosa do voso Alcalde,

José Fernández Fernández

Festa dedicada a un produto típico da zona, o butelo ou androlla, e pódese degustar, ademais da androlla, o resto de embutidos curados nestas montañas. O municipio de Navia de Suarna volverá celebrar como cada ano a festa dá androlla.


A tradicional degustación ás 13.00 horas de forma gratuíta na Praza dá vila, para a cal os organizadores teñen previsto preparar unha gran cantidade deste embutido, aínda que tamén se poderán degustar outros embutido tradicionais da zona como o pingueiro ou o butelo

 

Durante a xornada festiva poñeranse á venda produtos típicos como: chourizos, queixos, morcillas, cerámica, ourivaría e outros produtos artesanais. Na feira participarán vendedores artesáns das comunidades veciñas de Asturias e Castela-León.

 

La androlla es un embutido elaborado con la tripa gruesa del cerdo rellena con la costilla, tocino y pieles; todo ello adobado con pimentón, ajo, orégano y sal.


Foto y artículos www.deputacionlugo.org/

Máis información do concello
  • Navia de Suarna
  • Lugo
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • 42.945013°, -6.942384°

Carteis

Festa Androlla Navia
F Androlla en Navia de Suarna
Festa da Androlla en Navia de Suarna
Festa da Androlla en Navia de Suarna
Festa da Androlla, Navia
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia