Pasar al contenido principal
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • El Carnaval
  • Artículos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Agenda
  • Protagonistas
  • Carteles
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Entroido en Lugo

Axenda de actos, Entroido popular 2023

 Antroido en LugoNo tempo no que case todo estaba prohibido, o Antroido na capital lucense só se celebraba dentro dos recintosdas sociedades recreativas, especialmente no Círculo das Artes, suponse que por coidar que alí a orde pública e o control das persoas estaba garantido. A fin de contas, as “máscaras” para acceder tiñan que descubrir os seus rostros diante dos porteiros dos establecemento, non só para evitar posibles disgustos senón para comprobar que eran membros da sociedade. Segue sendo notable dentoro do Círculo das Artes, o Baile de Matrimonios que tradicionalmente ameniza aBanda Municipal de Lugo, e fondamente entrañables as “parranditas” que son cancións que lembran feitos doutros temos ou actuais, que teñen por estribillo o de “Xa son famosas / en todas partes / as festas do Carnaval / deste Círculo das Artes”. Nas aldeas continuou a haber mostras antroideiras desde o momento que a tristura da postguerra se foi dulcificando, e as bromas, os disfraces, a tradición en fin, foise gardando para mellores tempos.Se ben na actualidade as manifestacións antroideiras teñen pouco que ver co esplendor do que nos falan os devanceiros, en Lugo o Antroido tivo un rexurdir moi importante nos anos oitenta pola acción impulsora do Concello, mediante concursos, axudas, desfiles, carrozas, que viñeron poñer de manifesto as posibilidades de impulsión das festas do Antroido nunha cidade na que o Martes de Antroido sempre foi medio festa local (pola tarde), e agora é Festa local total, ainda que non teña a viveza daqueles anos da recuperación.Aínda así, o concello lucense encarga cada ano a un persoeiro da vida local, escritor, persoa de relevancia, festeiro, que lea o Pregón do Antroido, elevado á categoría de festa oficial, xeralmente desde o salón de plenos ou balcón da casa do concello, ou desde o templete da Praza Maior. E enche Lugo de charangas, que sempre animan a todos os que sentimos festa por dentro especialmente en datas tan sinaladas.Segue habendo celebracións nas sociedades privadas, hai festas para os nenos nestas sociedades e, especialmente, en todos os centros educativos de infantil e primaria que inculcan nos nenos os principios desta festa en principio irreverente e iconoclasta e, na actualidade, convenientemente contida, ocasión de transformarse exteriormente no que a un mellor lle apeteza, desde unha vaca do país a un superhéroe, desde un político relevante, a un membro das forzas de seguridade e xa non digamos a un persoeiro dalgún programa da televisión sen esquecer a Bob Esponja ou calquera outro heroe infantil.No Antroido lucense, como é lóxico, todo se concentra no recinto amurallado, no puro centro, e cara alí conflúen todos os festeiros que, disfrazados ou non, queren participar do acontecemento. E a fe que o vello Lugo se enche de xente como nas máis importantes festas do ano, que esta o é, non en van aínda nos lembramos de que –tempos nos que todo, por afinidade ou pola contraria, todo tiña vencello coa Igrexa- moita xente falaba do “Santo Antroido” pafra referirse ao triduo solemne da celebración– domingo, luns e martes- sen esquecer os prolegómenos, e o remate coafesta da Piñata, o sábado posterior.Unha das máis sinaladas celebracións do Antroido en lugo é, precisamente, o mércores de cinza, xa co Antroido oficialmente rematado, o “Enterro da Sardina”, rescatado en 1985 por Pepe Barreiro, un dos antroideiros máis importantes que a cidade de Lugo veu nacer, que coa axuda do Concello rescatou do esquecemento este desfile, enchendo as rúas lucenses de música e canto, de recitados, de plañideiras chorando polo remate da festa, o Gran Espetón clamando nos puntos principais do recorrido polas excelencias dunha festa tan singular, para rematar todo diante do concello co discurso final (O Ferrete) onde, con todo rigor, se fai reconto das grazas e desditas dos gobernantes apousentados na casa do concello.

Concello : https://vivalugo.es/varios/programacion-do-entroido-2023-en-lugo/

Máis información do concello
  • Lugo
  • Lugo
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • 43.012087°, -7.555851°

Carteis

Entroido en Lugo 2023
Entroido en Lugo 2022
Entroido en Lugo
Lugo
Lugo, Entroido
Entroido en Lugo
Entroido en Lugo
Entroido en Lugo
Entroido en Lugo
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia