Entroido en Marín
Sábado de Entroido
Desfile infantil, polas seguintes rúas, rúa Real, praza do Reloxo, Porta do Sol, Doutor Touriño, avda. Jaime Janer. Ao rematar haberá unha festa infantil.
Domingo de Entroido
CICLOMARCHA, con percorrido urbano, viario de praias ata Seixo, regresando á alameda para escoitar o pregón. Poderase ir disfrazado, sempre e cando non afecte a seguridade do ciclista.
Musica, coa presenza Don Dego e Dona Urraca e a Corporación acompañados por “Os Jalácticos dárase o Pregón pola “Comparsa Os da Caña”. Gran Desfile de disfraces e carrozas
Luns de Entroido
Dende a maña Festa do Merengue e Festa infantil con verbena, na Lameiriña, organizado por “Amigos dos Rapaces”.
Martes de Entroido
Pola tarde Festa Infantil “Concello de Marín” no Multiusos. Maxía, música, animación, sorteos e gardarroupa…. e ás 19:00h haberá unha chocolatada.
Pola noite concurso de orellas e filloas organizado polo Ateneo Santa Cecilia.
Mércores de Cinsa
Velatorio no palco da música. Enterro da Sardiña: saída pola rúa Almuíña, praza de España, rúa Ejército y Marina, rúa da Ponte, rúa do Sol ata chegar á praza do reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar: saída pola rúa Real, rúa Almuíña, praza de España e Despedida ao Mar.
Sábado
Entroido en Seixo, organizado pola Asociación Cultural Ronsel, O desfile sairá as 17 horas dende as inmediacións da gasolineira e rematará na Alameda de Seixo, onde a partires das 18 horas comezará o baile de disfraces amenizado polo dúo Karamelo, tamén haberá degustación de filloas
Domingo de Piñata
Bolo do Pote , Urralas olas e máis xogos populares, na alameda Rosalía de Castro, organizado pola “Asoc. Cultural Fentos e Froumas” e Urralas Olas e xogos populares a cargo da Asoc. Cultural de Santo Tomé de Piñeiro. Ameniza o grupo folklórico Anxuíña .
Os actos prolónganse durante os dous domingos seguintes con Entroido en Santomé. e Entroido en San Xulián,
Faro de Vigo: Entroido 2017 | Faldas vintage e NO-DO local en Lalín