Entroido en Muros (A Coruña)
:
Domingo CONCURSO DE COMPARSAS
O Domingo de Entroido, terá lugar en Muros o Concurso de Comparsas, que se rexerá polas seguintes
BASES
1/ Poderán participar tódalas asociacións, comunidades, colexios e persoas que o desexen
2/ As comparsas deberán de estar formadas por un mínimo de 5 persoas.
3/ As inscricións das mesmas farase no Centro Cultural e Xuvenil de Muros, ou a través do teléfono 981762294, fax 981762313 ou da web www.muros.es, dende o día 21 de xaneiro ata o 10 de febreiro ás 15:00 horas.
4/ As comparsas deberán de presentarse na Virxe do Camiño o día 10 de febreiro ás 16:45 horas, xa debidamente ataviadas. A orde de participación será a mesma que a da inscrición.
5/ O desfile dará comezo ás 17:00 h: dende a Virxe do Camiño ata o Curro da Praza; e deberá seguir o ritmo que marque o grupo de música que encabece o desfile.
6/ A actuación de cada comparsa no palco non poderá exceder os 10 minutos de duración, o contrario supoñerá penalización.
7/ Os premios a outorgar son os seguintes:
1º PREMIO – 1.000 €, 2º PREMIO - 500 €, 3º PREMIO - 300 €, 4º PREMIO - 200 €, 5º PREMIO – 100 €
8/ O Xurado estará composto por:
Un representante de cada comparsa, que será nomeado por estas no momento da inscrición, todos eles estarán presente no lugar e hora de saída do desfile e reuniranse na casa do concello ao final das actuacións para emitir a súa votación, en presencia de dúas persoas do equipo de goberno municipal.
9/ O fallo do Xurado darase a coñecer ao remate das actuacións no palco. Valorarase a creatividade dos disfraces, caracterización dos seus compoñentes, a posta en escena durante o desfile, a representación no escenario e as murgas ou coplas.
10/ No caso de condicións climatolóxicas adversas, o desfile trasladarase para o pavillón municipal de Miraflores.
11/ A decisión do Xurado será inapelable.
ENTROIDO 2018
Concello de Muros
CONCURSO DE COMPARSAS
Domingo 11 de febreiro
As comparsas deberán de estar formadas por un mínimo de 5 persoas. Establécense dúas categorías: grupos, de 5 a 14 persoas e comparsas, a partir de 15 persoas.
As inscricións das mesmas farase no Rexistro do Concello de Muros, dende o día 22 de xaneiro ata o 9 de febreiro en horario de 09:00 a 14:00 horas, na sede electrónica do concello ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015 de 1 de outubro de Procedemento administrativo común das Administracións públicas, neste caso deben remitir copia ao fax 981762257.