Entroido en Oleiros
Ese venres, na polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz, a carón do colexio Parga Pondal, ás 19:00 horas, comezará a tradicional festa do Entroido, con actuación musical, chocolatada, concurso de disfraces e a espectacular actuación sorpresa.
Repartiranse preto de 4.000 euros en premios entre os mellores disfraces individuais e colectivos nun concurso que é unha das referencias na comarca coruñesa. Tanto na categoría de grupos como individual haberá un primeiro premio, un segundo e dous terceiros. Ademais, haberá tres accésits, un en grupos e outros dous en individual, cun importe igual aos terceiros premios, para que o xurado poida premiar aqueles disfraces que sexan merecedores dalgunha mención especial pola súa participación, enxeño...
Agardamos o venres 16 de febreir en Santa Cruz a todo o mundo que teña ganas de pasalo ben e de participar nesta marabillosa e divertida festa. O Entroido xa está aquí, toca disfrazarse!
A partir del sábado, tomarán el relevo las Asociaciones de Veciños y las fiestas en los Centros Cívicos y las Casas do Pobo del Concello.