Festa da Pita, As Eiroas
Entroido d'As Eiroás - Ourense.
As Eiroás é un pequeno barrio situado na zona Norte do perímetro urbán do concello de Ourense, que conserva unha identidade rural, procedente da idiosincrasia que posuía até hai poucas décadas. A mediados do século XX, un matrimonio entre 2 viúvos (Antonio Guimarey e Gumersinda de Benavides), dera orixe a unha festa, cando menos, singular.
Esta coincidiu co Entroido e pasou a ser este núcleo un dos poucos lugares na cidade e arredores nos que se celebraba a festa pagá que antecede á Coaresma. Como queira que fose, esta deixouse de celebrar nos comezos da década dos ‘70 e no ano 1999, desde a A VV, decídese resgatar a memoria daquela celebración.
Nos anos posteriores vanse engadindo contidos a esta festa, entre os que cabe salientar unha representación teatral popular, a creación da imaxe da festa por parte de artistas locais, un xantar popular ou a creación dunha máscara que nacía coa intención de ser un dos símbolos do futuro barrio d’As Eiroás.
http://festadapita.wordpress.com/
amig@s da Pita - RUA DOS CHAOS, S/N (ANTIGO LAVADOIRO) - 32001 - OURENSE