Monforte de Lemos
O Concello de Monforte de Lemos: XOVES DE COMPADRES, XOVES DE COMADRES e MARTES DE ENTROIDO.
Xoves de compadres e de comadres
Tanto para o concurso do xoves de compadres como para o de comadres, a concellería de Cultura ten previstas tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual.
Un dos aspectos máis destacados das bases é que por vez primeira establécense uns criterios obxectivos para que o xurado conceda os premios. Á hora de decidir os gañadores teranse en conta a orixinalidade dos materiais empregados e tamén se vai valorar a montaxe, o interese etnográfico e a crítica social. Outros dos aspectos que sumarán puntos son a posta en escena e a utilización de música en vivo. Cómpre destacar que cada un destes criterios terá unha valoración mínima do 10% e a máxima será do 25% do total da puntuación.
Martes de Entroido
O día grande do Entroido será o martes. Está previsto que o desfile de comparsas e disfraces comece ás 17:00 horas na Praza da Estación e percorrerá as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde e Cardeal. O percorrido rematará na praza da Compañía.
http://www.monfortedelemos.es/es/node/4405
Foto
http://www.monfortedelemos.es/noticias.asp?sec=5&id=4142