Pasar al contenido principal
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • El Carnaval
  • Artículos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Agenda
  • Protagonistas
  • Carteles
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Entroido en Foz

Programa de actos en Axenda

Tempo de Entroido en Foz

Esta festa consiste na exaltación das carnes, críticas aos gobernantes, personalidades eclesiásticas etc. na subversión, e no relaxo na moral cristiá, consentindo algúns costumes que na vida cotiá non serían ben vistos.Don carnal, o gozo da carne, o tempo de diversión, a satisfacción do prohibido, represéntase como un boneco ao que se queima cando remata a festa (enterro da sardiña), co pranto e os choros das capideiras.

Ao entroido (introito latino) séguelle a coresma, que finaliza este tempo de troula e exceso, para entrar nun período de abstinencia e seriedade.

Polo que a Foz respecta o carnaval celébrase dende tempos inmemoriais aínda que o ritual non ten connotacións etnográficas ou antropolóxicas; ou sexa non se corresponden con tradición cultural algunha.

As mais antergas referencias escritas que atopamos referidas as celebracións do carnaval na nosa vila non son anteriores a primeiros do século pasado; e por elas sabemos que o musical – coros, charangas e rondallas, que cantaban letras satíricas e poñían na picota aconteceres sociais e a persoeiros singulares ou mesmo pintorescos,--eran os números mais celebrados.

Certamente houbo tempos de prohibicións para a alegría do carnaval; pero o que suscribe lembra que aínda con ese atranco en Foz – mesmo na dictadura franquista-- nunca deixou de celebrarse, aínda que moitas veces, para obviar as ordes da autoridade, había que afinar a imaxinación e exprimir os miolos.Entroido en Foz

Hoxe son outros tempos. Ditosamente gózase de liberdade para expresarse coa única limitación do respecto ás persoas ; pero tamén os modos, as modas e os medios evolucionaron hacia posibilidades que a tecnoloxía pon moito mais doado, de forma que cumplir os desexos de caracterización, ambientación musical, traslados, vestimentas, desfiles polas rúas, etc. resultan mais asequibles porque, sobre todo, requiren menos esforzo de todo tipo. Daí tamén que Foz cada ano, polo entroido, se convirta en lugar de especial atracción para centos de persoas que acuden a presenciar o espectacular desfile de música, luz e cor nun derroche de beleza, humor, maxinación que deixa sempre no espectador a pegada optimista, e novos azos para, recuperado o moitas veces depauperado estado anímico, seguir na inexorable loita pola vida

Máis información do concello
  • Foz
  • Lugo
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • 43.572502°, -7.261397°

Carteis

Entroido en Foz
Entroido en Foz
Entroido en Foz
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia