Vilariño de Conso
O Carnaval máis tradicional vestiu as súas galas máis espectaculares no folión, no que danzantes chamados «mázcaras», acompañados por gaitas, cornos, bombos e veciños golpearon con sachos e gadañas con martelos no seu recorrido por varios lugares do municipio ourensán de Vilariño de Conso. Os vecinos recibiron aos danzantes nas súas casas con agasallos gastronómicos na forma de dulces e licores.
Otro carnaval sonado el de Vilariño de Conso, con los boteiros, las tamborradas, la fiesta del Cabrito. En Vilariño, mucho ambiente y muy buen carnaval.
Vilariño de Conso, conserva otro carnaval único en la provincia, sensacional. Se trata de un carnaval en "estado natural" que coincide exactamente con la del Alcalde Ventura Sierra, Vilariño de Conso ofrece lo mejor de la provincia en carnaval: cerca de la autovía rías Baixas, ofrece la fiesta del cabrito ( todo el fin de semana se cocinarán 2.500 kg de cabrito para las 2600 personas que se prevee visitarán Vilariño, a un precio módico, el menú incluye cabrito, chourizos, bica y vino); un paisaje envidiable y un carnaval, en estado puro, sensacional. Bombos, salto de los boteiros.
OS BOTEIROS en Vilariño de Conso , a Persoaxe máis popular do entroido tanto de Vilariño de Conso como de Viana. A máscara que leva, está feita de madeira de bidueiro, pintada de negro e o bico vermello. Leva unha camisa bordada con infinidade de anacos de fitas de cores formando distintas figuras xeométricas (dá traballo a dúas mulleres durante 25 días o facer a camisa). O pantalón, xeralmente encarnado, con flecos nos laterais. Sobre o cinto leva as esquilas, campaíñas do gando que o moverse producen un tintineo. Tamén leva un báculo, símbolo do poder, xeralmente con dibuxos helicoidales, e no remate ponse a cola da raposa. Hai xente que dí que o traxe de boteiro ten reminiscencias en terras Mexicanas de Oaxaca, Chiapas, lembrando ós da "Danza da pluma", inda que tamén penso que podera pasar o revés ).
Comenza o xoves de compadres co lardeiro, no que as mozas, despois de roubárlle a roupa os mozos, fan o lardeiro colocándoo nunha árbore, poste ou balcón pechado, o máis inaccesible que se poida. Esta caricatura dos mozos será obxecto de mofa e bulra ata que sexan quen de baixalo.
O xoves seguinte, o de comadres ou lardeira, é a inversa: os mozos fan a lardeira con roupa roubada ás mozas e encargaranse de que permaneza en lugar ben visible ata que eles mesmos a baixen para paseala no folión.
O folión "córrese" todas as noites nun pasarrúas pautado, ritual, no que se entrevén ou adiviñan ocultos significados, e no que os actuantes, enervados polo rítmico son dos descomunais bombos do que sobresae, acompasada, a aguda voz das gadañas e o ronco sopro do corno, incansables, reconfortados de cando en vez, nun intervalo de viriles aturuxos, polas tradicionais tentos a xerra ( viño novo), son capaces de desfilar ata o día, en singular procesión que pode chegar ata os pobos veciños.
" A tamborrada é incríble, os tambores son artesanais, con peles de cordeiro ou ovella, a madeira é de concheiro xeralmente."
Os días grandes son, lóxicamente , os tres últimos, nos que é frecuente a FOLIADA, representación orixinal na que persoaxes típicas como os boteiros ( equivalente dos peliqueiros), as "señoritas", os "vellos" ( paiasos), afiadores, penereiros, follalateiros, etc, arroupados polo folión, escenifican esquemáticamente a vida da colectividade, dándolle un repaso crítico, con agudo sentido del humor , as veces cáustico, a toda a sociedade.
O día grande é o domingo de Entroido no que, coincidindo coa Festa do Cabrito (Sábado e domingo), se celebra un desfile dos Folións polas rúas de Vilariño.
O folión "córrese" todas as noites nun pasarrúas pautado, ritual, no que se entrevén ou adiviñan ocultos significados, e no que os actuantes, enervados polo rítmico son dos descomunais bombos do que sobresae, acompasada, a aguda voz das gadañas e o ronco sopro do corno, incansables, reconfortados de cando en vez, nun intervalo de viriles aturuxos, polas tradicionais tentos a xerra ( viño novo), son capaces de desfilar ata o día, en singular procesión que pode chegar ata os pobos veciños.
Os días grandes son, lóxicamente , os tres últimos, nos que é frecuente a FOLIADA, representación orixinal na que persoaxes típicas como os boteiros ( equivalente dos peliqueiros), as "señoritas", os "vellos" ( paiasos), afiadores, penereiros, follalateiros, etc, arroupados polo folión, escenifican esquemáticamente a vida da colectividade, dándolle un repaso crítico, con agudo sentido del humor , as veces cáustico, a toda a sociedade.
Xeralmente íase coa foliada a unha aldea veciña, a cal tiña a obriga de "volve-la volta" ó ano seguinte.
O día grande é o domingo de Entroido no que, coincidindo coa Festa do Cabrito, se celebra un desfile dos Folións polas rúas de Vilariño.
A Deputación de Ourense apoia á IV Mascarada Ibérica, que reúne en Vilariño de Conso e Viana aos mellores entroidos etnográficos
Os desfiles, que contarán coa participación de 600 participantes de 40 grupos chegados de diferentes puntos da Península, terán lugar os vindeiros 13 e 14 de xaneiro
Ourense, 9 de xaneiro de 2018.- A Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da IV Mascarada Ibérica, que reunirá os vindeiros 13 e 14 de xaneiro en Vilariño de Conso e Viana do Bolo a representantes dos mellores entroidos etnográficos de España e Portugal, en desfiles e actividades culturais e de lecer nas que participarán máis de 600 persoas, integrantes dos 40 grupos chegados de diferentes puntos da Península Ibérica.
O acto de presentación contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; os alcaldes de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, Secundino Fernández e Melisa Macía; o presidente da comisión Entroido de Viana, Jorge Domínguez, e a representante da asociación Xuntos polo Folión de Vilariño, Nieves Rodríguez. Rosendo Fernández destacou “o alto valor etnográfico do evento” y dixo que a Mascarada “supón un pulo económico e turístico para estas contornas rurais da provincia de Ourense, que teñen como obxectivo unificar os entroidos e salientar as antergas peculiaridades dunha festa na que participan activamente os veciños, o que supón unha interacción e revitalización constante da nosa cultura, historia e etnografía”.
Na IV Mascarada participarán grupos de Galicia, Castela-León, Castela A Mancha, Asturias, Cantabria e Portugal, contando co apoio da Deputación de Ourense e a organización por parte da Comisión Entroido 2018 de Viana do Bolo, a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso e a Sociedade Antropolóxica Galega, ademais dos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo.
Comunicación
Deputación Provincial de Ourense