Pasar al contenido principal
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • El Carnaval
  • Artículos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Agenda
  • Protagonistas
  • Carteles
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Entroido e Folións en A Pobra de Trives

Actos en Axenda GD

Neste concello celébrase cada ano con máis arraigo o entroido. O entroido celébrase o xoves de compadres e comadres.

No  concello hai cinco folións, cada un deles  cun son diferente,  que dan vida e colorido ás rúas da vila nestes días. As rúas da vila énchense de xente para escoitar o ritmo dos folións, caracterizados polo ruído atronador dos bombos que se intensifica polas noites.

 

Do Xoves de compadres o enterro da sardiña son datas de entroido. Actividades para grandes e pequenos, desfiles de folións, disfraces, comparsas, xoves de compadres e comadres correndo a fariña, formarán o Programa deste Entroido  no Concello de A Pobra de Trives.

Xoves de comadres.

A regueifa está servida

o entroido toca á porta

démoslle a benvida.

 

A Trives quedades todos convidados

para disfrutarmos xuntos

destes días tan agardados.

 

Días para se disfrazar

datas de troulear

e se non queres comer fariña

os xoves tes que correr axiña.

 

Intentando reunir cada ano a un maior número de mulleres disfrazadas, xa imos pola IV Edición da Cea de Comadres organizada dende o Concello. Unha iniciativa con boa acollida que na pasada edición contou con arredor de setenta mulleres disfrazadas, onde a diversión e a festa sempre está asegurada, e o disfraz é o protagonista da noite. Este ano a cea será no Bar Troula e a cita é as 21:30h.

 

Así, todas as mulleres con ganas de pasalo ben e desfrutar dunha noite de música e disfraces que queiras acudir á Cea de Comadres poderán recoller o seu ticket de entrada na Oficina de Turismo, no Bar Troula ou no Ximnasio Trivesport

 

 

Dentro das actividades de entroido, dende o Concello de A Pobra de Trives queremos que os máis pequenos disfruten estes días todo o que se poda e sexan uns protagonistas moi especiais.

 

Anque lle vimos aquí,

non é por facerlle mal,

vimos por lle anunciar

que estamos no Carnaval.

Aí ven o Entroido e festa rachada,

en A Pobra de Trives faremos foliada.

Chega cheo de ilusión

e poderémosnos disfrazar con moita inmaxinación.

Máis información do concello
  • A Pobra de Trives
  • Ourense
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • 42.339347°, -7.253810°

Carteis

Entroido en Xinzo 2022
Entroido Pobra de Trives
Poboa de Trives
Boteiros, Trives
Comadres, Trives
Poboa de Trives
Poboa de Trives
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia