Entroido e Folións en A Pobra de Trives
Neste concello celébrase cada ano con máis arraigo o entroido. O entroido celébrase o xoves de compadres e comadres.
No concello hai cinco folións, cada un deles cun son diferente, que dan vida e colorido ás rúas da vila nestes días. As rúas da vila énchense de xente para escoitar o ritmo dos folións, caracterizados polo ruído atronador dos bombos que se intensifica polas noites.
Do Xoves de compadres o enterro da sardiña son datas de entroido. Actividades para grandes e pequenos, desfiles de folións, disfraces, comparsas, xoves de compadres e comadres correndo a fariña, formarán o Programa deste Entroido no Concello de A Pobra de Trives.
Xoves de comadres.
A regueifa está servida
o entroido toca á porta
démoslle a benvida.
A Trives quedades todos convidados
para disfrutarmos xuntos
destes días tan agardados.
Días para se disfrazar
datas de troulear
e se non queres comer fariña
os xoves tes que correr axiña.
Intentando reunir cada ano a un maior número de mulleres disfrazadas, xa imos pola IV Edición da Cea de Comadres organizada dende o Concello. Unha iniciativa con boa acollida que na pasada edición contou con arredor de setenta mulleres disfrazadas, onde a diversión e a festa sempre está asegurada, e o disfraz é o protagonista da noite. Este ano a cea será no Bar Troula e a cita é as 21:30h.
Así, todas as mulleres con ganas de pasalo ben e desfrutar dunha noite de música e disfraces que queiras acudir á Cea de Comadres poderán recoller o seu ticket de entrada na Oficina de Turismo, no Bar Troula ou no Ximnasio Trivesport
Dentro das actividades de entroido, dende o Concello de A Pobra de Trives queremos que os máis pequenos disfruten estes días todo o que se poda e sexan uns protagonistas moi especiais.
Anque lle vimos aquí,
non é por facerlle mal,
vimos por lle anunciar
que estamos no Carnaval.
Aí ven o Entroido e festa rachada,
en A Pobra de Trives faremos foliada.
Chega cheo de ilusión
e poderémosnos disfrazar con moita inmaxinación.