Entroido en Toen
O Entroido en Mugares vén celebrando desde hai moitos anos, grazas á labor de recuperación e organización levada a cabo por integrantes da Asociación de Mulleres "Amencer". e conta con dúas figuras típicas que son os "Labardeiros" e as "Señoritas".
Documentábanse aquí os tìpicos cortexos e comitivas integradas por numerosos veciños disfrazados que se desprazan pola parroquia e outros lugares limítrofes, propiciando así a relación entre comunidades veciñas, da que eran exemplo este lugar, Mugares e O Moreiro. Á mesma hora do Martes de Entroido, partían as comitivas carnavalescas, e a de Mugares levando o Mazaruco (moneco feito de palla e disfrazado) e a de Moreiro a Mazaruca, para encontrarse no lugar acordado a medio camiño. En caso de que unha parella se casara nunha data próxima ao Entroido, o noivo era o encargado de facer o moneco do Mazaruco e a noiva a Mazaruca.
Os dous monecos, Mazaruco e Mazaruca, eran transportados en carros de vacas ou de bois ata o lugar citado, onde a comitiva parodiaba o singular encontro. Rematado este acto, o cortexo alegre e multicolor, integrado polos veciños disfrazados de forma variada, volvía reunido a Mugares, acompañados das “señoritas” con vistosos traxes e cos “labardeiros” abrindo paso. Todos en comitiva chegaban á praza para facer un baile de máscaras e unha comedia satírica.
A veces os veciños invitaban aos disfrazados a beber nas bodegas e, antigamente votábase para ensuciar, cinsa e fariña e incluso formigas.
A vestimenta das mulleres consiste nunha saia longa e unha camiseta, todo branco, e por toda a saia cósense moitas flores de cores. Sobre a camisa un pano ben colorido e colares. Zapatos de tacón e na cabeza un chapeu. Xeralmente levan unha cesta con papelitos de cores, pétalos de flores ou caramelos para repartir.
Os "labardeiros" levan unha camisa e un pantalón, brancos e adornados con flores de cores, medias e botas. Na cintura un cinto con campás, e na cabeza un gorro adornado con flores. A súa cara vai tapada cunha rede. Na man unha "labarda" (de aí vén o seu nome), instrumento típico, parecido ao que se empregaba antigamente para mallar o trigo
Información que aparece no Concello de Toen