Pasar al contenido principal
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • El Carnaval
  • Artículos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Agenda
  • Protagonistas
  • Carteles
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Entroido en Viana do Bolo

Festa da Androlla e Entroido en Viana do Bolo
Mascarada Ibérica en Viana do Bolo e en Vilariño de Conso
Interés turístico: 
Interés Turístico Gallego

Panoramica de Viana do BoloO Entroido (Carnaval) é a festa máis emblemática do Concello de Viana do Bolo. A data de celebración varía dependendo da primeira lúa chea de primavera. Usando como base o día en que esta lúa chea aparece, o domingo anterior é o domingo de Ramos, e contando cuarenta días para atrás dende ese día de Ramos, chégase a data do mércores de Cinza. A partires de aquí quedan marcados tódolos días fortes do Entroido: Xoves de compadres, Xoves de comadres, Sábado de entroido, Domingo Gordo, luns e martes de entroido, para rematar o mércores de Cinza co Enterro da Sardiña. Hai varios elementos diferenciadores do noso Entroido, que fan que sexa único: os boteiros, os lardeiros, o folión, a mula, as disputas e ,como non, a fariña. Único e un dos máis ancestrais de Europa, como calificou, entre outros, Pío Baroja, discorre polas seguintes datas:

Días previos:

Aproximadamente un mes antes do xoves de compadres, pode escoitarse o folión percorrendo as rúas nas últimas horas da tarde.

Xoves de Compadres:

 

Marca o inicio do Entroido, celebrándose a dous xoves antes do Domingo Gordo. Neste día empezan as fariñadas, podendo botar soamente os homes as mulleres. Pola noite gran folionada e cea de Compadres, dándose lugar multitudes de ceas só de homes. Dende as primeiras horas do día colga dun mástil habilitado na Praza Maior, O Lardeiro, un meco que se encargaan de elaborar as mulleres da vila roubándolle prendas os homes. O Lardeiro agarda colgado dos balcons donde tratan de roubalos os homes, ata o seguinte xoves en espera de compaña.

 

 

 

Xoves de Comadres:

Chegado o xoves anterior o Domingo Gordo, a Lardeira colga a carón do Lardeiro, para disfrutar a plenitude do Entroido. Iste día as mulleres enfariñan os homes, tocan o folión e os restaurantes da vila están repletos, porque elas, celebran o seu día.

Sábado de Entroido:

A noite previa ao Domingo Gordo é unha das noites máis esperadas. Nesta noite visítanos múltiples folións dos arredores e moitos visitantes con ganas de desifrutar do entroido. Dende as últimas horas da tarde centos de bombos e aixadas marcan os ritmos para dar comezo a gran fariñada que durará ata altas horas da madrugada, tendo como corazón a Praza Maior a cal remata cuberta dunha boa capa de fariña.

Domingo Gordo:

Día da festa grande. Dende 1.970, tamén é a celebración da Festa da Androlla, verdadeiro referente da gastronomía vianesa, onde máis de 3.000 persoas degustan o noso particular manxar. Un pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas do Concello, lémbralle ós vianeses que a festa empeza: os folións de toda a comarca - e mais os seus boteiros- xunto coas carrozas, desfilan por toda a vila, para o rematar, ensalzar os praceres culinarios que nos esperan.

Luns de Entroido:

Este día adícase os máis cativos, no que desfila un folión composto por nenos e nenas, xogos tradicionais na Praza Maior.

Martes de entroido:

Con sabor a despedida comeza, xa de mañá, a soar o fulión nun dos días mais esperados. A xornada comeza co desfile dos fulións, e tras unha festiva comida, continúase a percorrer a vila. Apúranse os golpes xa que as 12 da noite toda a vila se reúne na Praza Maior, tocando o fulión con tódalas forzas posibles cunha clara motivación: exactamente a medianote, os lardeiros que estiveron cotemplando o entroido dende o seu trono no alto da Paza Maoir arderán marcando o final do entroido. Unha atmósfera máxica envolve a vila mentres son consumidos polas laparadas, a súa vez, tamén arden os bombos e as aixadas, achuchando os últimos intres de fariñada e folión. Unha vez convertidos os lardeiros en cinzas, enmudecen os fulións e deixa de correr a fariña. Con un sentimento agridulce despídese o fulión ata o vinderido ano, e dase comezo a unha gran verbena onde terá lugar o concurso de disfraces.

Concello de Viana do Bolo

Coordenadas:

42º 10' 49.9" N - 7º 06' 47.0" W

Más informació  
Tradiciones


Vivir Galicia

A Deputación de Ourense apoia á IV Mascarada Ibérica, que reúne en Viana do Bolo e Vilariño de Conso  aos mellores entroidos etnográficos

 

Os desfiles, que contarán coa participación de 600 participantes de 40 grupos chegados de diferentes puntos da Península, terán lugar os vindeiros 13 e 14 de xaneiro 

 

Ourense, 9 de xaneiro de 2018.- A Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da IV Mascarada Ibérica, que reunirá os vindeiros 13 e 14 de xaneiro en Vilariño de Conso e Viana do Bolo a representantes dos mellores entroidos etnográficos de España e Portugal, en desfiles e actividades culturais e de lecer nas que participarán máis de 600 persoas, integrantes dos 40 grupos chegados de diferentes puntos da Península Ibérica.

 

O acto de presentación contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; os alcaldes de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, Secundino Fernández e Melisa Macía; o presidente da comisión Entroido de Viana, Jorge Domínguez, e a representante da asociación Xuntos polo Folión de Vilariño, Nieves Rodríguez. Rosendo Fernández destacou “o alto valor etnográfico do evento” y dixo que a Mascarada “supón un pulo económico e turístico para estas contornas rurais da provincia de Ourense, que teñen como obxectivo unificar os entroidos e salientar as antergas peculiaridades dunha festa na que participan activamente os veciños, o que supón unha interacción e revitalización constante da nosa cultura, historia e etnografía”.

 

Na IV Mascarada participarán grupos de Galicia, Castela-León, Castela A Mancha, Asturias, Cantabria e Portugal, contando co apoio da Deputación de Ourense e a organización por parte da Comisión Entroido 2018 de Viana do Bolo, a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso e a Sociedade Antropolóxica Galega, ademais dos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo.

 

Comunicación 

Deputación Provincial de Ourense

Máis información do concello
  • Viana do Bolo
  • Ourense
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • 42.179191°, -7.112754°

Carteis

Entroido en Viana do Bolo 2023
Viana do Bolo
Entroido en Viana do Bolo
Viana do Bolo
Viana do Bolo y Vilariño de Conso
Viana do Bolo
Viana do Bolo
Mascarada Viana do Bolo
Marcarada Iberica
Festa da Androilla
Entroido en Viana do Bolo
Festa da Androlla
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia