Entroido en Viana do Bolo
O Entroido (Carnaval) é a festa máis emblemática do Concello de Viana do Bolo. A data de celebración varía dependendo da primeira lúa chea de primavera. Usando como base o día en que esta lúa chea aparece, o domingo anterior é o domingo de Ramos, e contando cuarenta días para atrás dende ese día de Ramos, chégase a data do mércores de Cinza. A partires de aquí quedan marcados tódolos días fortes do Entroido: Xoves de compadres, Xoves de comadres, Sábado de entroido, Domingo Gordo, luns e martes de entroido, para rematar o mércores de Cinza co Enterro da Sardiña. Hai varios elementos diferenciadores do noso Entroido, que fan que sexa único: os boteiros, os lardeiros, o folión, a mula, as disputas e ,como non, a fariña. Único e un dos máis ancestrais de Europa, como calificou, entre outros, Pío Baroja, discorre polas seguintes datas:
Días previos:
Aproximadamente un mes antes do xoves de compadres, pode escoitarse o folión percorrendo as rúas nas últimas horas da tarde.
Xoves de Compadres:
Marca o inicio do Entroido, celebrándose a dous xoves antes do Domingo Gordo. Neste día empezan as fariñadas, podendo botar soamente os homes as mulleres. Pola noite gran folionada e cea de Compadres, dándose lugar multitudes de ceas só de homes. Dende as primeiras horas do día colga dun mástil habilitado na Praza Maior, O Lardeiro, un meco que se encargaan de elaborar as mulleres da vila roubándolle prendas os homes. O Lardeiro agarda colgado dos balcons donde tratan de roubalos os homes, ata o seguinte xoves en espera de compaña.
Xoves de Comadres:
Chegado o xoves anterior o Domingo Gordo, a Lardeira colga a carón do Lardeiro, para disfrutar a plenitude do Entroido. Iste día as mulleres enfariñan os homes, tocan o folión e os restaurantes da vila están repletos, porque elas, celebran o seu día.
Sábado de Entroido:
A noite previa ao Domingo Gordo é unha das noites máis esperadas. Nesta noite visítanos múltiples folións dos arredores e moitos visitantes con ganas de desifrutar do entroido. Dende as últimas horas da tarde centos de bombos e aixadas marcan os ritmos para dar comezo a gran fariñada que durará ata altas horas da madrugada, tendo como corazón a Praza Maior a cal remata cuberta dunha boa capa de fariña.
Domingo Gordo:
Día da festa grande. Dende 1.970, tamén é a celebración da Festa da Androlla, verdadeiro referente da gastronomía vianesa, onde máis de 3.000 persoas degustan o noso particular manxar. Un pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas do Concello, lémbralle ós vianeses que a festa empeza: os folións de toda a comarca - e mais os seus boteiros- xunto coas carrozas, desfilan por toda a vila, para o rematar, ensalzar os praceres culinarios que nos esperan.
Luns de Entroido:
Este día adícase os máis cativos, no que desfila un folión composto por nenos e nenas, xogos tradicionais na Praza Maior.
Martes de entroido:
Con sabor a despedida comeza, xa de mañá, a soar o fulión nun dos días mais esperados. A xornada comeza co desfile dos fulións, e tras unha festiva comida, continúase a percorrer a vila. Apúranse os golpes xa que as 12 da noite toda a vila se reúne na Praza Maior, tocando o fulión con tódalas forzas posibles cunha clara motivación: exactamente a medianote, os lardeiros que estiveron cotemplando o entroido dende o seu trono no alto da Paza Maoir arderán marcando o final do entroido. Unha atmósfera máxica envolve a vila mentres son consumidos polas laparadas, a súa vez, tamén arden os bombos e as aixadas, achuchando os últimos intres de fariñada e folión. Unha vez convertidos os lardeiros en cinzas, enmudecen os fulións e deixa de correr a fariña. Con un sentimento agridulce despídese o fulión ata o vinderido ano, e dase comezo a unha gran verbena onde terá lugar o concurso de disfraces.
Coordenadas:
A Deputación de Ourense apoia á IV Mascarada Ibérica, que reúne en Viana do Bolo e Vilariño de Conso aos mellores entroidos etnográficos
Os desfiles, que contarán coa participación de 600 participantes de 40 grupos chegados de diferentes puntos da Península, terán lugar os vindeiros 13 e 14 de xaneiro
Ourense, 9 de xaneiro de 2018.- A Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da IV Mascarada Ibérica, que reunirá os vindeiros 13 e 14 de xaneiro en Vilariño de Conso e Viana do Bolo a representantes dos mellores entroidos etnográficos de España e Portugal, en desfiles e actividades culturais e de lecer nas que participarán máis de 600 persoas, integrantes dos 40 grupos chegados de diferentes puntos da Península Ibérica.
O acto de presentación contou coa participación do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; os alcaldes de Viana do Bolo e Vilariño de Conso, Secundino Fernández e Melisa Macía; o presidente da comisión Entroido de Viana, Jorge Domínguez, e a representante da asociación Xuntos polo Folión de Vilariño, Nieves Rodríguez. Rosendo Fernández destacou “o alto valor etnográfico do evento” y dixo que a Mascarada “supón un pulo económico e turístico para estas contornas rurais da provincia de Ourense, que teñen como obxectivo unificar os entroidos e salientar as antergas peculiaridades dunha festa na que participan activamente os veciños, o que supón unha interacción e revitalización constante da nosa cultura, historia e etnografía”.
Na IV Mascarada participarán grupos de Galicia, Castela-León, Castela A Mancha, Asturias, Cantabria e Portugal, contando co apoio da Deputación de Ourense e a organización por parte da Comisión Entroido 2018 de Viana do Bolo, a Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño de Conso e a Sociedade Antropolóxica Galega, ademais dos concellos de Vilariño de Conso e Viana do Bolo.
Comunicación
Deputación Provincial de Ourense