A “CARAUTA” COMO ESTRATEXIA
Nestas datas do Entroido, os escaparates móstrannos variedade de carautas de papel, de cartón, de plástico, de tea e doutros moitos materiais. Igualmente de diferentes personaxes, etc, etc.
Todas encamiñadas á diversión que tamén é moi necesaria; pero deste tipo de carautas non imos falar na UNED Senior de Xestoso porque xa se encargarán outros de facelo.
Imos falar do uso habitual da “carauta” como estratexia de convivencia, desde a experiencia que nos dá o simple feito de levar neste país unhas cuantas décadas.
Existen “carautas” de varios tipos, pero todas teñen o seu uso según as diferentes etapas da vida e as situacións nas que nos atopemos.
Neste caso destacaremos algunhas das máis habituais según a diferentes etapas de vida dunha persoa normal, como pode ser o noso caso.
Vexamos:
I.- AS “CARAUTAS” DA INFANCIA
-A “carauta” de BEBÉ MIMOSO ante a familia e persoas máis próximas para atraqe-la atención dos maiores e conseguir todo aquelo que lle apetece. Como aínda non saben falar, exprésanse deste xeito.
E… ¿Quen pode resisitirse ante aquela cariña de anxo?
-A “carauta” de NENO BONITIÑO, ALEGRE E SORINTE cando conseguíu os obxectivos que quería coa de neno mimoso. Nestes casos é cando lle “cae a baba” ós familiares. Para eles o seu bebé é o anxo máis bonito do mundo
-A “carauta” de NENO BO E SIMPÁTICO cando bota a andar, a falar e a bombardear cunha morea de preguntas inocentes. Esta “carauta” funciona tan ben que lle fai crer a seus pais que é o mellor e máis listo de tódolos nenos do mundo, mundial.
-A “carauta” de ALUMNO ó empezar a escola primaria.
Cando o neno chega ó colexio, ó poñerse en contacto cos outros, rómpese a campá de cristal que o envolvía na casa e automaticamente encóntrase coa dureza da vida: discrepancias, pelexas, disciplina, etc. Pouco a pouco vai compredendo que os outros tamén existen e que hai que compartir para convivir.
II.- AS “CARAUTAS” DA ADOLESCENCIA
-A “carauta” de ADOLESCENTE é un tanto desconcertante porque o neno dáse conta que vai entrar noutra etapa da vida chea de cambios biológicos e psicológicos e moitas veces non sabe como encaixar esta nova situación e acode á “carauta” da INCOMPRENSIÓN e á da REBELIÓN.
Por veces móstrase incomprendido porque non sabe como comunicar o que lle está pasando. Pensa que esas cousas tan só lle pasan a el e “patalea” porque; a verdade é que os maiores tampouco lle ofrecen toda a información que necesita coa naturalidade que precisa.
II.- A “CARAUTA” DA PUBERDADE
Superada a etapa adolecente, xa pensamos que deixamos atrás a infancia e agora toca “plantarlle cara á vida”. O mundo está moi mal e nós ímolo amañar. Para esto utilizamos a “carauta” de AUTOSUFICIENCIA: todo nos queda anticuado e nós consideramos que debemos arrinconar o pasado e vivir un futuro prometedor. Sentímonos con capacidade para chegar a onde queiramos porque estamos nunha etapa de moito crecemento psico-biolóxico. Queremos construír un mundo novo, moi diferente ó que vemos. En certa medida queremos deixar atrás o pasado e plantarnos no futuro sen vivi-lo presente.
III.- A “CARAUTA” DA XUVENTUDE
Chegamos á maioría de idade.
Somos xoves.
Estamos cargados de vitalidade.
Xa podemos votar.
O noso físico ten mellor presenza que nunca.
Parécenos que arrasamos por donde pasamos.
Colocámonos a “CARAUTA” DO DIVINO TESOURO. Sentimos a necesidade de dar a mellor imaxe da nosa vida. Estamos no momento de saír do fogar, compartir con outras persoas, dar a mellor imaxe que temos, abrir de par en par as portas do noso corazón para encontrar o amor da nosa vida, amar e ser amados, enamorarnos, ter un traballo que nos permita autonomía económica, fundar unha familia, etc. Témo-la axenda chea de proxectos.
IV.- A “CARAUTA” DA PERSOA ADULTA E MADURA
A vida encargouse de poñernos os pés no chan. Xa estamos máis ou menos integrados na cadea da producción económica, xa fundamos unha familia, xa temos responsabilidades e por conseguinte, queremos dar o mellor nivel posible. A nosa vida deu un cambio rotundo. A vida de casado, nada ten que ver coa de solteiro. Todo cambiou. Para facer fronte ás novas situacións, é preciso utilizar outras estratexias, o que equivale a buscarse outras “carautas”.
-Entre os esposos, varias “carautas”: a do CARIÑO, a do AMOR, a do PERDÓN porque debemos conservar a familia unida, dar bo exemplo ós fillos, non tirar a toalla; aínda que de vez en cando no teñamos moi claro como saír de certas situacións un tanto embarazosas.
-Cos veciños colocamos diferentes “carautas”: a da CORTESÍA, a da AMABILIDADE, a da SERVICIALIDADE, etc; tanto se nos tocou un bo veciño, como se non; pero facémolo por educación e máis por convivir, porque sexa como sexa o veciño, sempre se portará mellor se o tratamos ben que se o tratamos mal.
-Cos nosos compañeiros de traballo poñemos a “carauta” do COMPAÑEIRISMO para levar a cabo a misión que se nos encomendou, aínda que no fondo, teñamos discrepancias profundas co xeito de ser de facer do noso compañeiro. Pero facémolo por convivir, pois se temos que convivir por razóns laborais, será máis positivo unir esforzos.
-Coa familia política colocamos a “carauta” da APARIENCIA. Aparentamos querer tanto ou máis á familia política que á biolóxica; pero no fondo sabemos que o sangue tira moito e “nanai de la China”. De feito todos queren máis á sogra da súa parella que á propia sogra.
Pero se queremos convivir en paz, non nos queda outra: aparentamos e portámonos como se así fora.
Estas son algunhas das “carautas” que levamos utilizadas ó longo da nosa vida pasada; pero aínda nos quedan outras para esta nova etapa que supoñemos tan enriquecedoras como as anteriores.
Ás novas “carautas” non sabemos moi ben que calificativos poñerlles; pero podería ser algo así como: “PROMETEDORAS”.
Si, prometedoras, porque as persoas matriculadas na Uned-Senior de Xestoso gozamos dunha situación moi prometedora:
-Disfrutamos dunha saúde física adecuada á súa idade.
-Estamos exentos das obrigas da vida laboral.
-Mentalizáronnos para aprender máis e máis cada día.
-Disfrutamos dunha pensión para os gastos do día a día.
-E dispoñemos dunha Universidade á nosa medida que nos permite unha morea de posibilidades.
-E…¡Que decir do noso Coordinador!
Realmente estamos en condicións de decir que gozamos de boa calidade de vida, dunha vida digna.
E sentímonos moi felices porque vivimos intensamente esta nova etapa da nosa existencia, sen desperdiciar ningunha de cantas oportunidades se nos presentan.
Hoxe toca celebrar o Entroido e nós celebrámolo coa Uned Senior; compartindo: mesa, mantel, alegría, bo humor e …
¡Quen sabe se algunha sorpresiña!
¡FELIZ DÍA DE ENTROIDO PARA TÓDOLOS PRESENTES!
¡Moitas grazas!
Alumna da UNED-Senior de Xestoso (A Coruña)