Skip to main content
Entroido en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • O Entroido
  • Artigos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Axenda
  • Protagonistas
  • Carteis
  • Galerías de Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
  • Contacto

Entroido en Galicia. A maxia suprema do Entroido

Ten Galicia festas no outono, na primavera, no verán e máis no inverno. E todas elas merecen atención porque aínda que a modernidade as teña invadido sempre pode aparecer a raiz primeira que as fixo brotar, que segue a inspirar do xeito máis profundo a ansia festeira dun pobo que vive a festa con total entrega.

Das festas do ano, quizais o Entroido / Antroido sexa a que máis entusiasmo desperta e a que ten raices máis lonxanas. Porque desde hai milleiros de anos o noso pobo, e todos os que con el tiveron relación, aprecian a necesidade de vivir por uns días unha inversión de valores, de trastocar papeis, de “tolear” colectivamente rachando moldes e xeitos de vivir.

O Entroido, no mundo físico, ven reflectir o remate do inverno e o comezonda primavera, o retorno da vida, nos campos e na conciencia das xentes. É tamén o remate dun tempo de abundancia, de excesos, para acceder ao tempo de expiación previo ás festividades da Pascua. Pero sobre todo é o tempo en que cada quen sente a necesidade de invertir o papel que lle tocou vivir, a muller viste de home e o home de muller; os pobres séntense ricos, e os ricos visten de farrapos; as máscaras cobran papel de autoridades e os non disfrazados poden ser obxecto das bromas máis crueis.

O entroido ten unha maxia que todos os pobos sentiron desde a máis remota antigüidade: a do placer do prohibido, a do anonimato, o rompemento de normas, a anarquía total durante un tempo breve para logo volver ásobriedade, a monotonía, a estructurada sociedade de todo o ano.

A esa maxia nos sometemos, e en www.galiciadixital.com abrimos ao mundo este portal no que amosamos a amplísima variedade de celebracións do Entroido galego de onte, de hoxe, de sempre, invitando a todos os que poidan e queiran colaborar connosco a que nos remitan a información que posúan e queiran difundir a través do correo "info@galiciadixital.com " ou no formurario de contacto na páxina

Maxicamente sometidos ó Entroido – moitas veces chamado “Santo Entroido” – honramos desde aquí a máis universal festa dos galegos, con milleiros de anos de historia, que non se resignou a morrer nos anos máis negros da nosa historia e que está a rexurdir con toda a potencia e entusiasmo da xente nova, baseada na fondura e fermosura dunha tradición que todos levamos nos nosos xenes como herdanza dos máis lonxanos devanceiros que profesaron con ilusión colectiva a súa crenza nunha festa de inversión de valores que, por uns días ao ano, revolucionaba e revoluciona o mundo dos galegos.

Xulio Xiz


Artículos :

Dúas semanas e media de festa  Clodio González Pérez

  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • Tuenti
  • Compartir en Facebook
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • Tuenti
  • Compartir en Facebook
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One Tuenti Compartir en Facebook

entroido galicia

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad
Designed by InternetGalicia.net