ADEUS, ENTROIDO 2017!!
Dos festexos e celebracións anuais do noso pobo é, sen dúbida o Carnaval o que rexistra unha maior participación popular, e no que os focegos poñen a proba o enxeño, o sentido do humor e o talante festivo e desenfadado, e é tamén o Entroido o que experimentou unha meirande evolución nos últimos anos, nos que se producíu unha auténtica eclosión ao trocarse en espectáculo que en cada edición sorprende a propios e extranos, pola magnitude e a brillantez .
Pódese decir que, de sempre, se celebrou en Foz a festa de Carnestolendas. Ao menos, dende comezos do século XX temos constancia de cómo entón se orgaizaban comparsas que levaban polas rúas a ledicia de cancións compostas para a ocasión que, ás veces, tiñan soado éxito.
No 1910 ( hai 107 anos…!) Xosé Ramón “da Cangalla”, “Carallán”, Juan María Néciga, “O Xuez”( ou sexa, meu pai), e outros amigos, formaron unha charanga que levou a ledicia carnavaleira mais alá do seu contorno: pasaron a ría e percorreron a Mariña (así se denominaba a zona entre Celeiro de Mariñaos e Reinante), levando no repertorio unha canción que resultara moi exitosa, e que decía: “Al correr el Carnaval , es cosa linda y corriente que se divierta la gente sin causar a nadie mal. Esto es para no dudar : nuestra venturosa tierra, todo lo bello que encierra es para hacernos gozar. Ay!, qué muchachitas las de este pueblo;ay! qué salero, viva el humor:mientras que haya chicas tan bellas, es para ellas el tierno amor. Sin ti no puedo vivir, dulce encanto de mis ojos; escúchame sin enojos y no me hagas más sufrir.
Somos unos chicos/ que da gusto vernos y no hay quien tenga por donde cogernos, porque ya es sabido que en los carnavales hemos sido siempre chicos muy formales. Sin que decir pueda persona alguna que nos excedimos corriendo la tuna. Pues si así somos y lo comprendeis, justo es que con algo nos recompenséis. ¡Vivan las muchachas que saben amar ¡Viva la alegría!¡Viva e Carnaval!.
O esforzo da camiñada a pé, por camiños e corredoiras, tivo a súa recompensa: chegaron a unha casa na que, con pantragruélico banquete, celebrábase a chegada dun “habanero”, a cuxa festa familiar, foron convidados. A lembranza da celebración, en tempos de despensas tan esgotadas, duroulles polo resto das súas vidas…
Un magnífico coro para celebrar o Entroido de 1934 fora artellado por Bustamante, o laredano que en Foz casara con Eugenia Oroza, e que dez anos mais tarde fora unha das 12 víctimas que formaban a tripulación do “Jesús Nazareno”; naufraxio , dado o número delas, mais dramático da historia mariñeira do noso pobo. Nesta ocasión o coro presentaba naqueles a novidade da canción-protesta “El nuevo poblador” que pasaría a formar parte das cancións populares que se cantaban a cotío na nosa vila, aínda que, por moitos anos, as circunstancias obrigaban a facelo de xeito semi-clandestino..
Numerosas foron as persoas que cada ano facían polas rúas e xuntanzas alarde do seu enxeño e ledicia e foron pezas principais para manter vivo o espíritu do noso Entroido.Nese senso, a todas elas as honramos cos nomes de dúas tan entusiastas e populares coma o “presidente perpétuo da Comisión do Carnaval”, Emiliano “da Xacoba”, e a “Fada Madriña”,Concha Pinto. Pero os tempos cambearon e ás exhibicións de humor e enxeño de antaño, con pobres aditamentos decorativos, recuperados dos fondos dos vellos arcóns e armarios, alí esquecidos, ofrécese agora o espectáculo deslumbrante de grupos, comparsas e charangas; carrozas e personaxes nun impresionante desfile de luz, cor e sons que convirten os Carnavais de Foz, sen dúbida, nos mais atractivos da bisbarra.
Lector amigo: ogallá os disfrutes, con saúde, outro mogollón de anos.