Skip to main content
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • O Entroido
  • Artigos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Axenda
  • Protagonistas
  • Carteis
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

ANTROIDO VAL DE FRANCOS 2014 - SERMÓN 2014

CRISANTO

Boas tardes forasteiros,

e veciños deste Val,

aquí estamos encantados

por volver ó Carnaval.

Quérovos felicitar, amigos,

fágoo de todo corazón,

porque se ve que a crisis

non vos matou a ilusión.

Vexo que hai nova comisión.

¡Por fin hemosde poder cobrar!

Que as rapazas destes anos

sempre mandaron apuntar

Sobráronlles muitos cartos

según dixo o agente Graciano.

Pero, pra traer boas orquestas,

¡a comisión deste ano!

Estábavos eu nos baños

aló no salto de Belesar

e chegaron alí pra taerme

a este campo de Ansemar

Salín dalí á carreira,

porque o camiño faise duro

gracias que uns bos velliños

me prestaron este burro

Achegoúseme esta señora,

e preguntou con cara de risa:

Pra donde vai vosté, señor,

e por que leva tanta prisa?

Ó ver a unha muller

con tanta gana de aprender,

apeéime eu da burra e dixen:

Dígame, que quere saber.

 

 

FELOMENA

Eu quería saber unha cousa,

se me fixera o favor:

que me diga de donde vén

e como se chama o señor

CRISANTO

A miña gracia é Crisanto

e nacín na Fonsagrada.

Pero a miña vida privada

a vosté non lle importa nada.

FELOMENA

Pois eu chámome Felomena,

filla dun de aí de Duarría,

e como é a miña vida

xa llo direi outro día.

Pero aló cando era nova,

estáballe coma un trén:

A cantos lles fixo falta o conto,

non llo neguei a ninguén.

CRISANTO

Logo terías muitos fillos...

que eu xa sei por donde vás,

serías igual ca unha cadela

das que andan trás dos cás.

Hanme de chamar curioso,

e a min paréceme ben,

pero eu quería saber

que familia é a que tén.

FELOMENA

Tiven catro de solteira

e outros cinco de casada,

máis outros trés de viúda.

¡Xa é unha boa larada!

Agora teño noventesete anos,

e ándolle mui disgustada,

porque fun visitar o médico

e dí que de novo, preñada.

 

 

CRISANTO

Pois anda que coa nova lei,

non haberá que usar condón.

Se lle sale un fillo birollo,

criarállo Gallardón,

E detrás dun disgusto, ¡outro!

que me dixeron esta semana

que a prencesa Belén Esteban

tamén se volveu lesbiana.

Temos que buscarlle parexa

e ha ser boa de encontrar

porque, según me dixeron,

hai varias por este lar.

FELOMENA

Que hai muito mariquita

tamén mo dixo a tía Emilia,

e, como siga así o mundo,

vamos quedar sin familia.

CRISANTO

Voulles decir una cousa,

e que non lles pareza mal:

¡Reforcen os pantalós

con cueiras de metal!

Pois, tamén a Rouco Varela,

como está tan bon mozo,

colgáronlle unas rapazas

unhas bragas ó pescozo

El meteuse prá catedral

correndo a toda prisa,

pero, ó ver aqueles corpos,

xa non puido decir misa

FELOMENA

Ata a farmacéutica de Castro,

que é das máis veteranas,

agora seique tén á venta

aparautos pra lesbianas.

CRISANTO

Cale a boca Felomena.

Dedíquese a fregar os platos

que, se se dá en saber muito,

non dá traído aparautos.

Se o sabe a médica doña Concha,

que trae os aparautos de lonxe

o mismo precinta a farmacia

e manda á María pra Bonxe.

FELOMENA

Falemos, logo, dos médicos,

que parece que son boa xente.

Pero se andas con muitas voltas,

logo che enseñan o dente.

Aquí hai médicos mui bós,

se non es cego ben o vés.

Según entras pola porta,

xa che adiviñan o que tés.

CRISANTO

Agora daquí pra diante,

esto muito vai cambiar:

Ós que se boten pra mui tarde

hanlles de dar o xentar.

Que non se nos olviden os curas,

xente que muito promete,

mándaslles decir una misa,

e por unha cobran sete.

E máis ese de Gueira,

agora que tén que comer mui lento.

Está indo a clases dun político

para comer máis en menos tempo.

 

FELOMENA

O listo foi o veciño Gabino

que tamén se meteu no trato,

e non hai outro na rodeada

que traballe máis barato

Évos un home mui listo.

A mín non me importa nada,

pero cambiou unha cabra vella

por una cocha preñada.

A cocha salíu escueta,

e a cabra volveuse preñada.

Houbo que desfacer o trato

é aquí non pasou nada.

CRISANTO

Un calé encargoulle unha pita,

que tiña que ir morta é pelada.

O gitano non apareceu.

¡Ala, María, a cociñala!

Ándase averiguando a outro,

que según dixo unha patrona,

non deixa de mazar nunha viúda

que hai nesta misma zona.

FELOMENA

Temos outro tema pendiente

que merece muita caña.

Trátase da pila de ladrós

que están arruinando España.

Hai varios tipos desta xente:

con carné ou sin carné,

uns que andan en coche

e outros que andan a pé.

Estes que rouban a pé,

estes sonlles muitos menos.

Senón morríanlles de fame

as mulleres e os pequenos.

CRISANTO

Dá vergonza ser español

senón que "venga Dios y lo vea".

Seique somos os máis ladrós

de toda a comunidá Europea.

Se levanta a cabeza Franco,

díxomo un señor de Outeiro,

tropezan unos cos outros,

a correr cara ó estranxeiro.

 

FELOMENA

Pois mira que os sindicatos

sonche un dos bos negocios.

Os xefes convocan as folgas,

e levan os paos os socios.

O director da UXT,

eso dígoo eu aquí,

se o miras algo de lonxe,

logo parece un xabalí.

CRISANTO

E agora que falamos deso

quérolles preguntar:

¿Pra que valen os sindicatos

se non fan máis que roubar?

É que temos uns dirixentes

que empezaron de aficionados,

fóronlle collendo gusto

e agora rouban a ferrados.

FELOMENA

A un veciño deste pueblo,

dixéronme que a José de Agustín,

roubáronlle catro bañeras,

¡maldito se cousa tal cousa vín!

Agora as pobres vacas,

ó quedar sin bebedeiros,

teñen que volver coma antes

a beberen nos caldeiros.

CRISANTO

Conchita pillou muito disgusto,

e díxolle a Ramiro ó momento,

Bríncate axiña en Castro.

¡Trai un pión de cemento!

Antes de nos marchar,

discúlpennos un momento,

non os queremos deixar

sin falar do Axuntamento.

 

 

FELOMENA

Teñen un Señor Alcalde

que parece mui traballador,

non se pode decir o mismo

do arquitecto ou aparellador.

Ese aparella a calquera,

con aires de gran señor.

O que tén e que é ben simpático,

competente e mui falador.

CRISANTO

Os que dán muito que ver,

se se mira ben ó redor,

son algúns concejales.

¡Non se sabe cal é millor!

Hai tres ou catro por aí

mui bos prás colocaciós.

Pra traballar na residencia,

pídanlles recomendaciós.

FELOMENA

Non importa o que sepas,

se tés padriño do pepé.

Pensan que a xente é pampa

ou que está cega e non vé.

Seique son cousas da política.

Pensan que chupamos os dedos:

O que importan son os votos

e non o cuidado dos vellos.

Os que entraron son bos,

competentes e traballadores

o que extrañan son as formas

e a igualdá nos colores.

Sempre ha de haber quen diga:

Sonche todos igual: ver, oir e calar.

Pois mentres que se pense así,

nada se poderá cambiar.

Vése que son coma as setas

os pepeos e os liñares.

Medran igual nas aldeas,

nas vilas ou nas ciudades.

E pra que non quede ningún.

O Bloque é o máis partido.

Esnaquizado en tantos cachos,

¿qen poderá dalos unido?

CRISANTO

O Beiras tomou a peito:

O de renovarse ou morrer.

Aparexou coa máis Nova,

que logo o ha compoñer.

E na Izquierda Desunida:

Llamazares e Caio Lara.

Llamazares é quen afala

e Caio élles quen ara.

Hai algún paxaro ceibo,

ben espabilado e pillo,

en vez de amañar as pistas,

asfalta ben o bolsillo.

Tamén hai algunhas mulleres

que fan quilómetros a tutiplé,

pois cando se acaben os cartos

terán que volver a andar a pé.

FELOMENA

Eu diríalle ó Alcalde,

que me parece bon señor,

que entepoña mitá deles,

e estaríase ben millor.

Tamén oín que o Marichalar

é un home do máis festexeiro.

Pero según dice a xente,

é que lle gusta un traseiro

CRISANTO

Xa era pra desconfiar,

con eses pantalós rosa,

máis ca parecer un Duque,

parécese a una mariposa.

Cando se vai de viaxe,

aló polo estranxeiro,

nunca vai cunha muller

sempre leva un compañeiro.

Que lle gusten máis os homes

pode non precernos ben,

pero, lo menos que se sepa,

aínda non roubou a ninguén.

FELOMENA

E pois a infanta Cristina

seique está desmemoriada,

que cando foi declarar,

non se acordaba de nada.

 

Según saliron de declarar,

todos eles mui contentos.

Xa non quedaba en España

un billete de quinientos.

Ahí temos ó Señor Rei,

gran cazador e mui exacto,

que este ano que pasou

non saliu nada barato.

Gracias a que tén boa paga,

lo menos a xente eso opina,

pero gran parte do que gana

débello chupar Corina.

CRISANTO

Dicen que xa se apartou dela.

Eso é o que tiña que facer.

E como volva ás andadas,

pouco ha tardar en morrer.

Pois o que lle pasou ó príncipe

tamén chama ben a atención:

Todo preparado pra arrincar,

¡e non encende o avión!

FELOMENA

Gracias que apareceu Nicanor.

Mirou e sentenciou en seguida:

¡Mirade que sodes burros!

¿Vai encender sin gasolina?

Díxolle o seu amigo Don Felipe:

Ti ben falas compañeiro,

pero o noso problema

éche que non hai diñeiro.

FELOMENA

E irémonos despedindo,

que xa temos que marchar,

a ver se pró ano que vén

nos volvemos a xuntar.

De paso que nos marchamos

pasaremos pola rectoral

bendicirlle ó Padre Alfredo

a súa nova catedal.

Damos, logo, a despedida,

e aforran de se cabrear.

Este sermón non foi feito

con ánimo de molestar.

 

EDELMIRO GARCÍA (Labrego de máis de 80 anos) E OUTROS.
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • EDELMIRO GARCÍA (Labrego de máis de 80 anos) E OUTROS.
  • Sobre o Entroido
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia