Skip to main content
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • O Entroido
  • Artigos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Axenda
  • Protagonistas
  • Carteis
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

APOTEOSE CARNAVALEIRA.

De apoteósica pode calificarse a xornada carnavaleira do pasado sábado en Foz, atendendo na primeira ollada á cantidade de público que a presenciou, sen dúbida a mais numerosa da súa historia, e tamén ó número de participantes, así como o enxeño, a brillantez, maxinación, a fantasía e o traballo ímprovo realizado polos numerosos e variados e, algúns deles, moi nutridos grupos que, nas catro horas que durou o desfile e antes e despois, invadiron coa súa presencia tan exóticos personaxes, os sons dos instrumentos musicais e as mais variadas exhibicións, demostracións e pantomimas, acollidos por unha climatoloxía idónea, as rúas principais da vila, que se converteron en escenario xigante dunha representación lúdica e festiva que acaso non teña parangón en moitos kilómetros á redonda.

Noutro orde de cousas consolídase un feito que ven dándose duns anos a esta parte: a masiva implicación da xuventude na mesma, o que garante a pervivencia, pois é sabido que sen sucesión non hai futuro… e así, por exemplo, “Os Larpeiros” que, como é coñecido foron pioneiros, vangardistas participantes sen nunca faltar á cita, aportando moitas veces singulares elementos históricos, de indudable valor didáctico; iste ano, por mor de reumas, artritis, mobilidade, dores musculares e demais doenzas que camiñan a carón o DNI; iso sí, pletóricos de humor, e cheos de nostalxias, para tomar parte na bacanal houberon de subírse ó tren…

No desfile do sábado, no medio de tanto corido, cantigas, música, esmorga e brincadeira

houbo tamén un lugar para a emoción: rendíase homenaxe a tres homes, veciños e amigos, da tribo focega, persoeiros que, coa súa singular forma de ser e de actuar, foron

elementos que favoreceron de xeito decisivo o actual nome e prestixo dos nosos carnavais Falamos de Emiliano da Xacoba, Juan de Tanana e Yo-Yo, hai pouco falecidos. Foi o grupo de amigos mais próximos a éste os que desfilaron ataviados coas vestimentas dos seus personaxes preferidos para a parodia, e a ampla pancarta: “ A TI, YOYO. O REI “. Para moitos dos presentes foi unha pincelada emotiva e ó seu paso os focegos aplaudimos dende o respecto e o afecto. Se dende o o alén ollaron pro chán seguro que os tres sentíronse orgullosos de cómo agromou a semente..

 

Jesús Fernández López

Ver ficha completa
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • O Antroido en...
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia