Skip to main content
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • O Entroido
  • Artigos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Axenda
  • Protagonistas
  • Carteis
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Cantigas do Antroido

Polo tempo do antroido, as nosas xentes, ademais de disfrazarse, divírtense cantando coplas propias diste tempo ou cántigas e recitativos coma iste de Vilanova de Oscos:

Antroido godoiro,
Martín cobertoiro,
comícheme a carne
e deixáchesme o coiro.

 

Ou noutros sitios:

Alegría, alegrote,
que está o rabo do porco no pote.

 

Cántigsas que fan os antroidos que visitan as casas ás que serán invitadas a beber bo viño e comer filloas e touciño con pan, son istas de Dozón:

Anque lle vimos aquí,
non é por facerlle mal,
vimos por lle anunciar
que estamos no carnaval.

 

Outra cántiga referida ó entroido, antroido ou antroiro é a que me cantara nunha ocasión Herminio, en Fonfría:

Dum dum, que te leve o demo,
dun dum, que te vai levar,
dum dum, que nos leve a todos
o martes de carnaval.

 

En Lobeira cantaban coplas coma istas referidas aos pobos:

 

O Entroido é moi goloso
porque lle gusta o touciño,
de Zabaríz foi contente
que lle untaron o fuciño.
Zabaríz e mais Torneiros
xogaban ó Carnaval:
sendo lugares veciños
é cousa moi natural.

 

Hai tamén parlamentos recitados coma son por exemplo os que fan os Xenerales do Ulla.

Pero nas zonas da montaña das provincias de Ourense e sur de Lugo saen comparsas de veciños que van marcando un ritmo musical con enormes bombos que tocan os homes namentras as mulleres e os nenos o fan con ferramentas de traballo, acompañando iste ritmo nalgúns dos lugares con unha gaita que leva unha melodía propia do antroido. Iste é o que chaman O Folión.

Pablo Quintana
(Publicado na sección “Con punteiro e pandeiro”, de El Ideal gallego, do 20-2-1985).

 


 

Pablo Quintana
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • Pablo Quintana
  • Sobre o Entroido
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia