Faroliño carnavaleiro
A evolución do Carnaval fai do de Foz , acaso, o mais brillante da Mariña.
As vellas roupas, anacrónicas e grotescas, esquecidas fora dos arnarios , “os entroidos”, son sustituídos polas carrozas e grupos nos que o luxo e a fantasía rivalizan en amplo mostrario que da novos motivos de pasmo. As comparsas, murgas e charangas, ataviadas con singulares e lucidas vestimentas, lanzan ó ar os sons que envolven lúdicas, e críticas estrofas que con rexouba celebran as xentes do bacanal presidido pola beleza e a simpatía da Raíña e Donas de Honra, testemuñas da fermosura e o engado da muller mariñà.
Cando nos “anos escuros” vetàbase o entroido na rúa, foi nos locais de lecer onde se celebraban con esplendor. Na memoria de varias xeracións,
perduran os salóns de R.María de Cao, La Sociedad, A Peña ou o “Bahía”.
Foi éste, a principios dos 50, onde se implantou o “Faroliño”, baile-concurso de gran beleza plástica, que con utópica ilusión pretendía emular a elegancia, e o glamour dos salóns aristocráticos de entre séculos, inmersa a sociedade no espíritu romántico da época...
Cada parella participante dispuña dun farol veneciano, multicor, cunha vela; a escuras a sala e acesos os farois só coa súa luz, iníciábase o baile ao compás do “Vals das Velas”, de Strauss. créandose un clima máxico de envolvente fantasía cos elementos :a luz e o colorido das velas, tan acolledoras, e as notas acariñadoras e nostálxicas da música do Mestre, soando a letra da canción: “ Igual que en viejos tiempos/ con solemne ritual/ se apaga una a una / de las velas el brillar...”..
Segundo os farois se apagan as parellas retíránse da pista, e a última en facelo gaña o concurso.. .” A parella era premiada con un par de medias de cristal, novidade que facía furor entre as féminas. (“As de Foz /son o demo e namais/ todas queren gastar/ medias de plexiglás./ Eu soñei, ou dixéronme a mín....“) estrofas coa musica de “Santander”, o grande éxito do entón popular Jorge Sepúlveda. O rapaz recibía unha botella de champan....Hai mais de 60 entroidos que en Foz se baila O “Faroliño”. Canta lembranza!