Skip to main content
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • O Entroido
  • Artigos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Axenda
  • Protagonistas
  • Carteis
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

INVOCACIÓN

Ven, Entroido, Señor do transformismo e a impostura. Chega co teu ritual de cartón pedra e plástico. Achégate, efémero de bengalas, ulindo a pólvora e a cinsa. Instálate, bandullán, tras o lume, e engulipa cacheiras e chourizos, larpeiro de filloas, lambón de orellas e de roscas. Bota faradas de augardente e viño pola túa boca mintireira e cóntanos a última trola que argallaches.

Precisamos de ti. Son os días de darlle a volta a todo: a consigna é crebar a orde establecida, transgredir. Viste os farrapos dos nosos monstruos, cúbrete coas sabas das nosas pantasmas.

Navega, barco imposible, pola mar maior do bosque aluarado. Galopa, cabalo tolo, sulca o océano e toca na tona da auga binarias pandeiradas cos teus cascos. Voa, lamprea fuxidía, que has ser no aire unha frecha asubiadora.

Mergúllate nas augas e déixate levar, corvo, porque o teu é un destino de prata polo río. Así a túa historia: séculos e séculos facéndolle a figa á morte. Quizais un virarse para que nos posúa polas costas. Quizais un intentar cambiar o curso do río. Amores, mentiras, traicións... Quizais a dor encadeada por uns días á pasión, na lucidez máis plena.

 

 

Marica Campo
(Do libro “Mais de media ducia de escritores chairegos e o Antroido”, publicado pola Asociación Cultural Val de Francos).

 

Marica Campo

Ver ficha completa
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • Sobre o Entroido
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia