Skip to main content
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • O Entroido
  • Artigos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Axenda
  • Protagonistas
  • Carteis
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

O Antroido en Viveiro

Levo moitos anos lonxe de Viveiro e iso supúxome perder case sempre as
festas do antroido, que con moito fogaxe vivín na miña xuventude.Cando
volvo hoxe vai máis de media vida e xa son vello con filosofía moi
revirada. Poucas veces estou ledo e agora, gracias a vós, sinto ledicia, e
moita, de ver-los vellos amigos que siguen a disfrutar das carnestolendas.

¡Quén me dera a mín manter o humor que teñen Paco Chao, alcalde do
antroido, por aclamación popular; de Pepe do Galicia, bancario de día e
parrandeiro de noite; de Michelena e a súa dona Sarín que axiña che
aplican os recortes de nóminas que queiras; de Paco de Filomena,”gobernador
civil do Movemento” e e á súa vez encantador de serpes; do meu veciño da
Zapatería o simpar Canea, Sakira de día e concelleiro abanderado de noite;
de África Jiménez, inspirada letrista e “cotilla” de visillos; o seu home
Juan, insigne “Pastor Díaz” tamén por un día …e un feixe fermoso de
queridos e admirados veciños que disfrutan da música, das laconadas, das
alpuxarradas, das máscaras, do viño …en definitiva, do humor que vexo que
non se perde en Viveiro!

A xente fala moitas veces dos tempos pasados coma se fosen mellores, sen
decatarse de que iso pode parecerllo a algúns; mais eu coido que só é o
afán de mitifica-las cousas o persoas vellas por parte dos que xa
perderon a xuventude e non aceptan a obxetividade desmerecendo o actual,
sen reparar que o tempos son outros.

Hoxe hai moitos máis medios, máis cartos, aínda que haxa crise; bébese
menos porque hai farras con máis frecuencia, e a xente está máis
concienciada có perigro do alcohol. O que non quer dicir que non se collan
cheas curiosas, completas, a reverter. Foron morrendo os vellos mitos e
están a labrarse os novos. Aló van no camposanto Pepé, Pedro Rouco, O
Areas, Paraventos, Quico do Landro, Eugenio “o Fachenda”, Gelucho de Celso,
Paco de Acacio, o Panadeiro de Celeiro...e unha morea de xentes
parrandeiras, festeiras, bebedoras,”boas fémias”, “machos percheróns” e
moitas pandillas que viñan de Magazos, de Landrove, Celeiro- ¡qué orixinal
era o Carniceiro!-, de Vieiro…

Os tempos eran outros, pero na Vila de Viveiro sempre alegre, de moito
fandango e crise permanente, aínda nos podemos rir cós “alpuxarros e
alpuxarras” de Manolo “do que faltaba “; Manolito, o de Paco de Fermín; o
poeta Ramil a quen desde aquí animo a publica-las “súas cousas”; a
comparsa da ONU cós incombustibles Äfrica, Pepe e Michi; Mario e cía
sempre xeniales; Canela fina de Foz coa súa tuna e Duquesa como
inspiración; A Fachenda da Parroquia cós “Daríos” e panda, de sevillanas, e
sempre de carallada…

Dou fe que a Sardiña tivo un enterro moi concurrido no que abundaron as
mulleres e nenos. Os homes, a maioría, beberon viño, queimada, cerveza,
cubatas… e outros brevaxes que a mín se me escapan. Cada participante
levaba unha vela, que a mín antoxóuseme bágoa, pola dor dun Pobo que
comenza un novo ano e no que nos esperan momentos de traballo, loita,
ilusión ou tristura. Tristuras que recordaron ó finado Tarrío, vello
“Tarzán”, a quen a Comisión tivo a delicadeza de adicarlle unha placa na
súa casa. Morreu tamén Luciano, o pintor, e boteino de menos e supoño que
fallaron outros tamén ós que non conozo ou non recordo.

Prestoume moito ve-los nenos que confío vaian renovando ás vellas
xeneracións e para iso xa ten unha boa saga o Queimador maior Manolo do Reino.

Deus nos deixe chegar a outros antroidos. E que Eduardo Lorenzo sexa
novamente o artista que presente al “Alpuxarradas”. Ide xa preparando os
folgos pro ano que ven.

Ricardo Timiraos Castro

Ver ficha completa
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • O Antroido en...
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia