O Entroido
O nome é moi variado de uns lugares a outros. Antroido, Entroido, Entrudo, Intrudo, todos veñen dicir o mesmo, é un fin, un remate de algo, e un comenzo, que niste caso é – ou mellor, era – totalmente oposto.
No fondo, tratase dunha festa equinoccial, festa de tipo agrario que como preludio da primavera busca a boa fortuna para as colleitas. Inda quedan manifestacións que confirman esta lonxana raiz: A Sementeira de Vimianzo, o labrar do campo de San Pedro de Moreiras, e na vila de Laza é unha vaca. A Morena, razón da potente economía gandeira da comarca, é propiedade do barrio de Cimadevila.
O antroido non chega de súpeto. O verdadeiro calendario ten o seu comezo no Domingo de Septuaxésima, o Domingo Fareleiro, Fareloiro ou Borrallento; o segundo Domingo é o de Sesaxésima, Domingo Corredoiro, e o terceiro
Quincuaxésima, Domingo de Antroido.
Unha das notas características é o antifaz; a careta que pode ser unha pelica de coello, un fondo de fol onde o cornello fai o aposento do nariz, un trapo calquera, unha peza de madeira, máis ou menos traballada, e
pintadas son as do mercado, de cartón; ou de cerámica é o pequeno antifaz, que resalta a beleza da muller xa que soio tapa a testa e os ollos, ven sendo o antifaz bikini porque resalta os ollos e adorna a cara.
Non é o antifaz único do Antroido, porque hai outras festas nos que se usan disfraces e caras tapadas.
Na primeira semana pode destacarse o Xoves de Compadres, que era unha festa familiar na que se xuntaban os compadres e os afillados, na casa de un, e a semana seguinte no Xoves de Comadres era a xuntanza noutra casa.
Agora pasou a ser unha festa de moneco de home e moneco de muller que xuntos ou separados casi sempre rematan na fogueira ó berro de ¡Ardan as comadres!.
Noutros tempos lucían as habilidades os improvisadores dos burros de carnaval, enviados por correo, os feitos coas dobleces dun papel no que despois de sair un xardín, unha frol, un violín e derradeiramente un burriño que dicía: “Por tonto y atrevido, tu retrato te ha salido”. Outras veces era un trapo que se fregaba con tiza, trapo en figura de burro,m levábase estirado na man e dábaselle unha palmada a un nas costas e quedaba pintado o burriño.
En Pontevedra, podía ser un sinxelo papel que se lle colgaba a unha persoa nas costas, no gabán ou na chaqueta, e despois, apartándose un pouco berraban: ¡e lévao, e lévao!.
A segunda semana ten no Domingo unha curiosa nota: Os cichotos. Un cichoto é unha xeringa que se fai dun pedazo de cana de escoba cortada deixando un e librando do outro- É un cano cerrado por un lado. No peche fáiselle un pequeño buratiño, e prepárase un pauciño cun pequeño manubrion con émbolo que ten a largura da cana. No extremo axústanse unhas fias de estopa, de maneira que axusten na cavidade da cana, de xeito que ao tirar do émbolo metida a punta nunha poza de auga énchese a medida que se tira contra un, e sai apretando o émbolo, dista maneira conséguese mollar a calquera. Facíase nas saídas das misas e principalmente tratábase de mollar
ás mulleres.
Nas cidades usáronse moitas maneiras delicadas tales como encher a cascandun ovo primeiramente vaciado para ousequiar un balcón con mozas, disparándollo cheo de colonia, uns bombós, peladillas e outras finezas polo
estilo e entre as pasadas mandar un ovo podre contra a parede para que deixe o seu cheirume correspondente, tamén se botaban formigas, e tascos da preparación do liño. Aínda hai algún engano máis forte para algún presumido
bebedor ó que lle fan unha aposta de que non é capaz de beber dunha tirada unha xarra de viño. Feita a aposta, o bo bebedor bota a xarra ó pico, e bebe golosamente. Pero no fondo da xarra vai un ratiño.
A denominación do Domingo refírese á corrida do galo que son en moi diferentes maneiras, e moitas veces é curioso o testamento que fai o galo.
Os galos manifestan no Cantigueiro a súa preocupación polo temor á morte violenta na corrida, así o din en galego e castelán:
Chégase ó Domingo de Antroido. Hai unha denominación para estes días de Carnaval: O Santo Antroido. En moitos lugares había unha prohibición de traballar, impoñendo pagas de viño aos que faltaban a esta prohibición.
Millor se comprende tal santidade, ou sen santidade, lembrando os cantos de
Dozón:
Había tamén o costume de roubar chourizos ou algún pedazo de carne para facer cuchipandas, e levar cancelas e cacharros como noutros lugares se facía polo San Xohan.
Son os días das mascaradas, destacan os da Ulla, cos seus Xenerales e correos e centinelas cos seus discursos e os seus clásicos Vivas. Osb Xenerales veñen a Santiago, polo menos témolos atopado en Pontepedriña e máis en Sar. Os que ían á Estrada levaban a Comparsa.
Son, quizais, as máscaras que representan un momento máis antigo na nosa terra. Son Os Cigarróns de Laza, Verín e terras veciñas, chámanse tamén choqueiros por levar no cinto moitas chocas das grandes, é curiosa a súa
vestimenta é o seu comportamento, non falan, non teñen paraxe, piden cartos e viño, e ningún pode sacar a careta na rúa. E curioso o gorro de forma mitral con pinturas representando o sol, estrelas ou a lúa, e poida que a cabeza de algún animal. Como é indo co gorro pola espalda e a pelica dun animal co rabo para baixo.
Os Escabicheiros de Vigo, debidamente uniformados, os Faranduleiros de Entrimo e as Momadas de Cotobade, con lanceiros, que son máscaras a cabalo, vellas e vellos, madamitas e oficios. Chama a atención o nome. Momo, segundo Hesíodo, era o Deus da burla e do sarcasmo, figura grega que segúndo Luciano non tivo realidade, foi un simbolismo. Non sabemos como xurdeu a denominación no grupo aillado de Cotobade.
Son curiosas as farsas do Antroido, os Sermóns e as comparsas coas súas coplas de cementerio con censuras e consellos.
Ninguén pode prescindir das clásicas comidas: a mesa do Antroido é farturenta: lacón, cacheira, chourizos, xamón e larpeiradas; filloas, a bincha, os patotes, as orellas, as frores. É festa familiar o Antroido en moitos lugares de Galicia, e ten notas características para comidas como a preiota, que en Viana chámase Androlla; o Pigureiro, que é o bandullo cheíño de costelas e carne, todo ben preparado.
O Antroido remata moitas vegadas cun sermón que escoita o moneco figurativo e ten seu fin queimado ou estoupado. Volverá resucitar para o ano que ven. Agora para remate farase o enterro da sardina. Deixemos unha lembranza para as grandes comparsas que celebraron Pontevedra e A Coruña, que no seu día alegraron a todos. Ogallá que non falle nunca a ledicia dun Antroido entre mítico e histórico.
Publicado en El Ideal Gallego, o 17-2-1985