Tempo de Entroido
O Carnaval é celebración desenvolvida polo pobo. Tradición moi antiga, deuse xa na época de Babilonia. A festa consiste na exaltacion das carnes, críticas aos gobernantes,políticos,e outros estamentos. na subversión e no relaxo da moral , permitindo prácticas que na vida cotiá non serían ben vistas.
Don Carnal, o gozo da carne, o tempo de diversión, a satisfacción do prohibido, represéntase como un boneco que se queima ó remate da festa (enterro da sardiña).
Ó entroido segue a coresma, que marca o tempo de troula e exceso, para entrar nun período de abstinencia e seriedade. . Na Idade Media renace o carnaval impulsado polo pobo campesiño que tivo que soportar as intromisións da nobreza que non o aceptaba de todo.
Xa na dictadura de Franco foi prohibido, rexurdindo paseniño pola necesidade de alegría, música e liberdade. Polo que a Foz atinxe o entroido celébrase dende tempo inmemorial, ainda que o ritual non ten connotacións etnográficas ou antropolóxicas; ou sexa, non responde a tradición cultural algunha. A forma de expresión popular, espontánea, ven dada por un estado colectivo de euforia, en cuxa eclosión ten que ver o bó e abondoso xantar e as libacións xenerosas, así como o optimismo. o enxeño e a ledicia de vivir propias das xentes da beiramar.
Houbo tempos de recortes para a alegría do carnaval, pero o cronista lembra que, aínda con tal atranco, mesmo en plena dictadura franquista, nunca na vila focega deixou de celebrarse por mais que ás veces, para eludir as ordes dos que mandaban, e a correspondente vixianza do seu cumprimento, había que afiar o maxín e exprimir os miolos recurrindo a estratexias que agudizaban o enxeño e enriquecían os episodios carnavaleiros coa parafernalia grotesca e disparatada do desemulo a que as circunstancias obrigaban.
Pero son outros tempos e a evolucion da sociedade en tódolos eidos – tecnoloxía, economía; ou sexa, os obxetivos e medios mudaron os gustos e as formas de diversión, e o que se perdeo en espontaneidade gañouse en esplendor e magnificiencia. O Entroido de Foz é o exemplo mais ilustrativo. Disfrútao, lector, amigo.