Skip to main content
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • O Entroido
  • Artigos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Axenda
  • Protagonistas
  • Carteis
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

TEMPO DO ENTROIDO

O Carnaval é celebración que, a diferenza doutros costumes de carácter relixioso, foi desenvolvido polo pobo. Tradición moi antiga, a festa consiste na exaltación das carnes, críticas ós gobernantes, personalidades eclesiásticas, etc. na subversión e no relaxo na moral cristiá, consentindo costumes que na vida cotiá non serían ben vistas. Don Carnal, o gozo da carne; o tempo de diversión; a satisfacción do prohibido, represéntase como un boneco ao que se queima cando remata a festa (enterro da sardiña), co pranto e os choros das capideiras.

O carnaval non sempre estivo ben visto polas diversas autoridades. Cando do imperio romano pasouse á crenza cristiá, as máscaras foron prohibidas en todo o reino, debido a que tapaban a santa imaxe que daba o creador Pai-Deus.

Na idade Media renace o carnaval, impulsado polo pobo campesiño que tivo que soportar algunhas intromisións da nobreza, que non o aceptaba de todo.

Na dictadura do Xeneral Franco foi prohibido, xurdindo pouco a pouco como expresión da necesidade de alegría, música e liberdade.

Houbo tempos de prohibicións para a alegría do entroido; pero un lembra que, aínda con ese atranco, en Foz nunca deixou de celebrase, o que moitas veces, para obviar as ordes da autoridade, había que afinar a imaxinación e exprimir os miolos… Hoxe gózase de liberdade para expresarse, coa limitación do respecto ás persoas; pero tamén modos, modas e medios evolucionaron hacia posibles que a tecnoloxía pon moito mais doado. Daí que Foz, polo Entroido, se converta en lugar de especial atracción para centos de persoas que acuden a presenciar o espectacular desfile de música, luz e cor nun derroche de beleza, arte, humor e enxeño que deixa no espectador a pegada optimista, e de novos azos para, recuperado o a veces baixo estado anímico,seguir na inexorable loita da vida…

O Entroido na rúa tivo sempre, como compoñente característico, as coplas e propostas,en verso ou prosa, que as comparsas e grupos levaban no repertorio, en cuxas letras, no contexto festivo no que se desenvolvían, con mais ou menos arte, humor ou enxeño,poñían en solfa sucedidos da vida comunitaria; o que permitía ó pobo deixarse oir baixo un discurso e nun ton que serviron para transmitir a súa mensaxe, ideada para expresar un punto de vista, ou opinión, ante calquera feito cotián ou puntual, que reflectía as inquedanzas, o sentido do humor e o sarcasmo das xentes, referidas a feitos esporádicos, ou que se viñan producindo longo do tempo.

A éstas pertence comunicado que en 1999 espallou entre a concurrencia, un grupo no desfile daquel ano coa “Utopía Carnavaleira”que decía: “¡Focense, vota!¡Hai que reconverter a flota!. En audaz operación, a Consellería de Agricultura, Pesca e Alimentación acordou adoptar as seguintes medidas,para reconverter o sector pesqueiro de Foz:

1º. Cunha redución do 3000 % sobor da inversión prevista para o “Porto da Verde” vai facerse un “dique” dende o Prado de Ramos ata a Punta do Castro en Barreiros, acadando así o secado definitivo da Ría de Foz.

2º:Nesta, que pasará a chamarse “Pastos da Verde”,implantarase a cría e engorde de gado vacún selecto. A dársena será adecuada como “Zona de estabulación libre”

3ª. Mediante un sistema hidráulico de “flejes”(en estudio) as embarcacións serán dotadas de rodas quedando adaptadas para traballos agrícolas.

4ª: O portiño de Tupide quedará como “Zona de investigación”, servindo os pantaláns como observatorios do “Patio de Monta”.

5º: Recuperaranse as instalacións portuarias para o sector tutístico, creando un “gran complexo de Disco-Restaurante-Sala de Festas-Putiferio-Bar” que, amais dos turistas, poderá ser visitado polos nosos políticos, “pois ben é sabido a súa afición ás larpeiradas”, di o comunicado. Tras dúas décadas destas proclamas segue a espera, sen visos de realizarse.É sabido que, nesta paraxe é inviable a navegación o que, sen o porto exterior, históricamente demandado, e negado sempre por os políticos de toda índole, obriga a esquecer toda actividade náutica. O pobo, no intento de salvar a mais remota esperanza, instálase na utopía, aínda que só sexa polo Carnaval…

Nota: ilustrala con vista parcial do carnaval na rúa

Por Suso Fernández – Cronista Oficial e Fillo Predilecto de Foz

Ver ficha completa
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • Historia/s do Entroido
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia