Entroido en O Saviñao
El municipio de O Saviñao celebrará en Febrero la popular fiesta de Entroido con un variado programa destinado al disfrute de niños y mayores.
A festa do Entroido ou Antroido, celébrase na capital do Concello dende tempos ancestrais, excepto na época franquista que foi prohibida polo seu significado de ruptura cas convencións sociais, de diversión e liberdade.
É unha festa de comer, beber, cantar, rirse do mundo que nos envolta e de nos mesmos.
Aínda perdura hoxe mesturando elementos novos coas tradicións máis antigas.
En Escairón celébrase o Xoves de Compadres, o xoves seguinte o de Comadres, e o terceiro xoves o Entroido ou Carnaval.
A festa trátase dunha representación de loita de sexos. No Xoves de Compadres as mozas fabricaban varios bonecos chamados “os compadres” para ridiculizar os homes (facíanse normalmente de palla), e os mozos loitaban para roubalos e queimalos.
O Xoves de Comadres é ao revés que do de Compadres, son os homes os que facían bonecas con feitura de muller “as comadres”, e elas loitaban por lle sacar para a queima.
Hoxe en dia a festa estase recuperando, xa que a tradición perdeuse co paso do tempo. A xente fabrica “os mecos” que preséntanse ao pobo na rúa o dia da festa, e son poucos os que acaban queimándose.
http://www.concellodosavinao.com/imagenes/CartelComparsas.pdf