Entroido en Sober
O entroido celébrase en todalas parroquias de Sober, destacando as comadres e compadres das parroquias de Anllo Santo Estevo, Anllo San Martiño e Sober. Bonecas e bonecos de palla que representan a diversos veciños, asi coma tradicións populares da zona.
En diversas localidades de Sober consérvase con entusiasmo a tradición do compadres e na maioría das vivendas da zona séguense preparando o prato local máis típico do entroido, o doce coñecido como tripón, enchido ou vexiga. Pero estas manifestacións son só unha parte da rica tradición carnavalesca do municipio, perdida na súa maior nas últimas décadas do século pasado, da que aínda hai moitas pegadas na tradición oral e en diversos documentos.
Os veciños da soberina parroquia de Anllo recuperaron o pasado ano as figuras dos maragatos e bonitos, uns personaxes típicos do Entroido da zona que caeran no esquecemento a finais dos anos cincuenta.
Para rememorar as súas características seguiron o testemuño dos máis maiores do pobo e lograron reproducir aos maragatos, que vestían roupas de aspecto militar e incluso portaban fustas e aos bonitos, que imitaban en ton burlesco a vestimenta dos señores máis elegantes do pobo.
Respeto á gastronomía é propio da zona o enchido, tripón ou vexiga, un postre feito de pan, leite, azúcar e ovos.