Entroido en Tui
Martes de Entroido: Desfile de carrozas e comparsas por todo Tui.
A celebración do Entroido en Tui cumpre este ano 2012 o seu vinte e cinco aniversario, nunha edición onde a sátira, o humor e a algarabía volverán ser protagonistas. O Desfile-Concurso será o luns de entroido, a partir das 17.30h polas rúas Casal Aboy, Compostela, Betanzos, Irmáns Maristas, Ourense e A Guarda, quedando prohibida a parada dos participantes diante do palco. No mesmo van participar un total de 15 comparsas, o número máximo establecido nas bases, con 800 persoas desfilando en total.
Domingo 26
Tui despide este domingo oficialmente o Entroido coa celebración do Enterro do Bacallau. No mesmo deberán participar as 12 comparsas e os 2 grupos que tomaron parte o martes no Desfile-Concurso de Entroido, pero amais coma en anos anteriores se sumará ao mesmo moita outra xente polo que dende a organización calcúlase que máis de mil persoas tomen parte neste acto.
No Palco da Música na Corredoira darase lectura ao testamento
Domingo de Piñata: "Enterro do bacallao" (en lugar do Enterro da Sardiña: este cambio de nome veu en relación a que antigamente en Tuy se vendía moito bacallau proveniente de Portugal).