Skip to main content
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • O Entroido
  • Artigos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Axenda
  • Protagonistas
  • Carteis
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Entroido en Verín

Axenda de actos
SPOT 2022 | O ENTROIDO ES TI
Interés turístico: 
Interés Turístico Nacional

El Entroido de Verínde este año 2022 aún no se podrá celebrar con normalida, CONSULTE LA "AGENDA DE ACTOS "

Verín é unha vila fronteiriza situada no suroeste da provincia de Ourense, paso obrigado cara a Portugal e Castela, na que se celebra anualmente un dos entroidos máis ancestrais, orixinais e participativos de Galicia

 

O cartel presentado baixo o lema “Non hai dous sen tres” resultou gañador do concurso do Cartel Oficial do Entroido 2018, segundo o reconto da votación popular celebrado o día 19 de decembro na Sala de Exposicións do Concello e Verín.

No proceso de votación participaron un total de 396 persoas que puideron valorar con 3, 2 e 1 punto os tres deseños que máis lles gustaron, dos 14 carteis que concursaban para imaxe oficial do Entroido 2018.

Entre a suma dos votos da veciñanza, o cartel que máis puntuación acadou foi o número 5 titulado “Non hai dous sen tres”, de Manuela Álvarez Rojas.

 

 

É o Entroido (Carnaval) de Verín, cita obrigada dentro do panorama cultural e turístico da provincia de Ourense, e como costume popular, que sorprende nun principio ao visitante, este pronto pasará de ser un mero espectador a participar de cheo neste gran evento popular, e é por esta razón pola que queremos convidarvos a gozar desta festa ancestral. ( Bando do Entroido)

verin2011XOVES DE COMPADRES

 É o primeiro día do Entroido e a primeira noite de mascarada colectiva.

Antigamente as mozas facían os compadres ou bonecos que imitan a figura dun home, pendurándoos en lugar visible ou percurando aldraxalos e ata queimalos, sempre coa oposición dos mozos que trataban de evitalo.

DOMINGO CORREDOIRO

 Comenzase propiamente a "corre-lo Entroido", xa qua e primeiras horas da mañá hai unha descarga de foguetería e as principais rúas da vila, enchense de algarabío e sonido coa música das charangas.

Celébrase a primeira concentración matinal de cigarróns, que farán a súa aparición para saúdar a todolos veciños a saída da misa.

A tarde-noitiña celebrase na Praza Maior de Verin o primeiro baile de máscaras vespertino o son das orquestras e ten lugar a primeira fariñada, ingrediente indiscutiblemente entroideiro.

XOVES DE COMADRES

 ¡¡CHEGOU O ENTROIDO!!!! Miles de mulleres disfrazad

as participan o Xoves de Comadres en ceas colectivas, enchendo tódolos restaurantes da vila, e pobre do home que estea fóra da casa antes da medianoite..... A esta hora toda esta multitude vaise xuntando nas rúas facendo a procesión da vela e das sabas brancas para recibir ao Entroido e a Raíña do Carnaval no Barrio de San Lázaro, facendo a súa entrada pola calzada medieval que baixa dende o Castelo de Monterrei, escoltados polos cigarróns, para levalos en comitiva percorrendo as rúas do casco vello ata o balcón da raíña do Entroido. Alí escoitaremos o pregón, relato que de xeito satírico, grotesco e burlón, ridiculiza todolos sucesos acontecidos ao longo do ano na vila.

VENRES DE ENTROIDO COMPADREO e COMADREO

 Día no que os veciños e visitantes participan xuntos na festa, amenizados por charangas e orquestras.

 Procesión polas principais rúas da vila de capuchóns e mascaritas

ÁBADO DE ENTROIDO

 Unha descarga de foguetes e bombas, e alboradas coas charangas espertan a todos os veciños.

Pola tarde, na "Praza do Cigarrón", e organizado pola Asociación do Cigarrón, acto solemne no que tres novos cigarróns serán vestidos, con todas as honras en presenza de toda a xente que queira acompañalos nese día tan especial.

DOMINGO DE ENTROIDO

O día grande do Entroido e de maior intensidade.

A primeiras horas da mañá volven a ser protagonistas as bombas e as charangas, pero que xa non espertarán a tantos veciños, posto que serán moitos, mozos e mozas, e non tan mozos/as os que estean esperando despois dunha longa noite de alegría e diversión a chegada do desfile de comparsas e carrozas, que se concentran no Barrio de San Roque ata a súa saída.

LUNS DE ENTROIDO - FARELEIRO

Pola mañá, o son dun foguete para darlle unha tregua a quen dorme e a vez avisar aos e ás superviventes de que a música volve a soar polas rúas coas charangas.

MARTES DE ENTROIDO

É o derradeiro día da gran xolda popular.

Bombas e foguetes arrincan pola mañá coa mesma intensidade como anunciaron a chegada do Entroido.

MÉRCORES DE CINSA

Festivo local, para que a xente descanse -pouco máis hai que dicir...-

"Enterro da Sardiña": Dende os anos trinta e no Mércores de Cinsa, veuse celebrando en Verin o Enterro da Sardiña. Veu sustituir en vilas e cidades ós ceremoniais de despedida do Entroido representados polos sermóns, testamentos e queimas dando ademáis unha nota anticlerical propia das épocas en que tivo o seu máximo esplendor.

O serán do Mércores de Cinsa, reuníanse na Praza Maior unha manchea de xentes ataviadas adrede para un enterro, lanzando prantos e berros lastimeiros pola morte do Entroido, simbolizado nunha sardiña unhas veces e outras nun pelele ou nun home tumabado nunhas andas. Con fachóns acesos daba comenzo o enterro que percorría as rúas da vila entre cantos e recitados en alta voz alusivos ao personaxe morto, e acompañamento de letanías ridiculizantes. Os oficiantes vestían e imitaban aos que saían nos enterros eclesiásticos, levando as veces tan lonxe a burla, que a forza pública tiñan que intervir para rematar co escarnio que tal espectáculo producía nas xentes relixiosas da vila. Dende a Praza e por distintas rúas dirixíase a comitiva cara a ponte do Támega dende a que, entre aies e choros, se botaba o contido do cadaleito ó rio.

Como propio deste día conservouse ó longo do Entroido verinense dos últimos anos un resto dunha destas cantigas que ainda se repite con insistencia pasando a ser case coma un himno oficial destes días:

DOMINGO DE PIÑATA

 Pecha este domingo a semana grande da festa cun xantar colectivo.

Faise entrega ao remate deste xantar do "premio Pescadilla", cedido pola Comisión do Entroido, e entregado a mans da súa viúva, a aquela comparsa que máis abraiados deixase os veciños durante o Desfile do domingo do Entroido.

Este premio é unha lembranza ao "Pescadilla", ao seu papel case imprescindible nesta festa. Falar del e da súa dona, parella inseparable no traballo e na xolda é falar tamén de Entroido. As súas parodias, a súa chispa, o seu bo humor e na súa lareira, sempre aberta a moitos nestas datas de Entroido, argalláronse moitas das máis grandes estrolas que se correron en Verin e que fixeron historia.

 

Ilmo. Concello de Verín

www.verin.net

www.carnavaldeverin.com

http://entroidoverin.isum.centromultimedia.net/ilive/Main

 

 

Máis información do concello
  • Verin
  • Ourense
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • 41.940449°, -7.439122°

Carteis

Entroido en Verín 2023
Entroido en Verín
Entroido en Verín
Entroido en Verín
Verin
Verin
Entroido en Verín
Cocido Verín
Verín
Entroido en Verín
Entroido (feira do cocido) Verín
Entroido en Verin
Entroido en Verin (nenos)
Entroido en Verín 2012
Entroido en Verín
Entroido en Verín
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia