Entroido en Vilariño de Conso
Nas parroquias de Vilariño de Conso os días de Entroido son os máis importantes do ano e os fulións van de unha a outra para testificar as boas relacións que existen entre a veciñanza e para afirmar a identidade propia de cada unha. Son os Boteiros a súa figura central e, co fulión, forman un conxunto compacto no que o Boteiro baila incesantemente ao ritmo do fulión.
Para celebrar estas datas por todo o alto, tras a celebración da II Mascarada Ibérica en Vilariño de Conso e Viana do Bolo, a Asociación Cultural Xuntos polo Fulión organizou unha completa axenda festiva