Cocido de Entroido
Cachola con grelos
Ingredientes: grelos, chourizos ou chanfainas, garbanzos, sal, auga e a cachola
Ponse a desalar a cachola en bastante auga a véspera, xunto cos garbanzos.
Ponse a quencer a auga. Despois de lavar ben a cachola, bótase na pota. Tamén irán para a pota os garbanzos metidos nunha bolsa de tea para que non se xunte todo. Un pouco máis tarde bótanse os grelos, as chanfainas e, se se quere, os cachelos con sal na auga. Déixase cocer durante vinte minutos aproximadamente. Cuando os grelos estean ben cocidos, apártanse para unha fonte e fáiselles o rustrido. As cacholas e as chanfainas apártanse para unha fonte e xa está preparado para comer.
Lacón con grelos
Antes o que máis pintaba nas mesas era o cocido pero agora é o lacón con grelos, e coido que xa leva Galicia camiño de non dar tantos lacóns como se xantan.
Ingredientes para 4 ou 5 persoas: Un lacón, 6 chourizos, 6 patacas grandes e dous monllos de grelos.
Poñer a desalar o lacón en auga fría durante dous dias. Colocar o lacón nunha pota grande e cubrir con auga. Deixar cocer lentamente. Cando estea cocido engádenselle os grelos, e por último as patacas enteiras e os chourizos.
Estas receitas foron recollidas polos rapaces do Colexio Veleiro Docampo de Castro de Ribeiras do Lea (Castro de Rei-Lugo), nos cursos 95-96 e 96-97, e publicados no libro "ANACOS DA NOSA CULTURA".