Skip to main content
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • O Entroido
  • Artigos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Axenda
  • Protagonistas
  • Carteis
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Orellas de Entroido

orejas de carnaval

Ingredientes:
- 800 GR. DE FARIÑA - 2 OVOS - 100 GR. MANTEIGA
- 1 COPA DE ANÍS ( O ESENCIA ) -UN CHISCO DE SAL
-UNHA CULLERADA SOPEIRA CHEA DE ROYAL
- UN VASO DE AUGA MORNA ( DA BILLA DA AUGA QUENTE)
-ESPOLVOREAR AZUCRE MOÍDO OU GLÁS.
MODO PREPARACIÓN
Derrétese a manteiga e engádeselle a auga morna e un chisco de sal. Incorpóraselle a copa de anís. Bátense os ovos e engádense. Mestúrase fariña con Royal e nun burato no medio envórcase a mestura.
Traballar ben a masa coma se fose pan. Se queda pegada vaise soltando engadindo máis fariña ata conseguir unha masa ben branda. Dáselle a forma de "birlo" e déixase "levedar" de 15 a 25 minutos.
Unha vez transcorrido o tempo, úntase a meseta da cociña con aceite, onde se irán estirando cunha botella (mellor que con rolo), os pequenos anacos que previamente convertemos en boliñas e temos seguidamente estirado con este sistema e cortados en rectángulos poñémolos a fritir en aceite ben quente e abundante.


Ingredientes:

200 ml. de agua templada, 50 gr. de azúcar, 100 gr. de manteca cocida de vaca o mantequilla, 50 ml. de anís, 1 huevo y 500 gr. de harinaorejas de carnaval

Preparación:

En un bol ponemos el agua templada, con la sal, el azúcar, el anís y la mitad de la mantequilla derretida y mezclamos bien. Añadimos el huevo y batimos

Añadimos la harina y amasamos toda la mezcla. Vamos incorporando la otra mitad de la mantequilla en trocinos y continuamos amasando todo hasta que la mantequilla esté completamente integrada y nos quede una masa elástica

Dejaremos reposar aproximadamente 1 hora.

Vamos cogiendo porciones de masa del tamaño de una nuez, y con las manos embadurnadas de aceite, al igual que la mesa y el rodillo, vamos extendiendo la masa con el rodillo, dejándola lo más fina posible y dándoles la forma de oreja (o en triángulos).

Freímos en una sartén con abundante aceite a fuego medio y dándoles la vuelta cuando veamos que se han dorado

Ponemos sobre un plato con papel absorbente para que suelten todo el aceite sobrante y ya las colocamos en la fuente en la que las espolvoreamos bien con azúcar.


Orellas da Vicenta
Ingredientes: 800 gramos de fariña, 100 gr. De manteiga de vaca, 2 ovos, un vaso de auga templada, unha copa de anís, azucre, aceite e sal.
Mesturamos a manteiga derretida coa auga. Engadimos os ovos, o anís,  sal e, pouco a pouco, a fariña ata formar unha masa que traballaremos moito. Por último, estiraremos cun rodillo e cortaremos en rectángulos que fritiremos en aceite ou manteiga, a elixir. Xa fritas, espolvoréanse con azucre.
 
Orellas en Entroido
Ingredientes: 1 litro de leite, ½ kg. de fariña, 6 ovos, un pouco de manteiga, unha raspa de limón, fermento axeitado.
Mesturámos a fariña cos ovos e engadimos o leite. Botamos encima o fermento, a raspa de lmón, e a manteiga. Amasamos todo e deixamos repousar a masa. Espolvoreamos un pouco de fariña na mesa para que non se pegue. Estiramos ben cada anaquiño de masa e facemos moitas formas diferentes. Fritimos en abundante aceite ben quente.
 
Orellas do Entroido
Ingredientes: 300 gramos de fariña, 2 ovos, 20 gr. de azucre, ½ cucharadiña de sal, aceite para fritir, 1 copa de anis.
1.- Poñer a fariña nun mármore e darlle forma de volcán. Engadir o resto dos ingredientes e verter unha copa de anís.
2.- Amasar todo xunto e deixar repousar unha hora na nevera. Aplanar a masa e estirala cun rodillo, formando láminas moi finas.
3.- Quentar aceite nunha sarten e botar as orellas. Unir o centro de cada una delas con dous palillos para darlles forma de lazo e dorar polos dous lados. Espolvorear con azucre moi fino.

Orellas
Ingredientes: fariña, ovos, auga, aceite para fritir, sal.
            Ponse auga a quencer cun pouco de sal. Nun utensilio ponse a fariña, apártase para os lados deixando no medio unha pequena fosa onde, posteriomente, se botarán os ovos coa auga quente co sal e o royal. Amásase todo e déixase durante unha hora a fermentar. Despois embórcase na mesa e esténdese cun rodillo. Por encima bótaselle fariña para que ó fritilas non se peguen. Fáiselle a forma cun coitelo e, posteriormente, frítense. O azucre bótase segundo o gusto.


 

Orellas do antroido
Ingredientes:  1 kg. de fariña, 150 gr. de azucre, 3 ovos, media taciña de café con aceite, media copiña de anís, media copiña de moscatel, vainilla, raspaduras de limón, aceite para fritir. Sal.
 
1.- Pasar a fariña por unha peneira e poñela nun bol grande. Facer un oco no medio para engadir os ovos cascados, o azucre, o aceite, o anís, o moscatel, unhas gotas de vainilla, raspadura de limón e unha pizca de sal. Traballar coas mans e, pouco a pouco, lograr así que se integren todos os elementos, formando unha pasta suave e clásica. Non traballar demasiado. Fórmase unha bola igual que cando facemos pan.
2.- dividir esta bola en porcións pequenas duns 25 gramos. Formar boliñas e deialas repousar unhs vintecinco minutos tapadas e en lugar caldeado.
3.- Cando estea ó punto a pasta, pasarlle o rodillo por enriba para lograr unha pasta fina e plana coma un plato.
4.- Coa man dáselles forma oca.
5.- Nunha sartén ó lume con aceite quente bótar a orelliña que, ó momento, xa estará dourada por ambos lados.
6.- Sacalas da sartén antes de que se queimen, poñelas nunha bandexa maior adornada con blonda, e espolvorear con moito azucre.

Orellas
Ingredientes:

4 ovos, 4 pocillos de leite, 4 pocillos de aceite de xirasol, fariña (a necesaria), unha pizca de sal, un sobre de Royal.
Bátense os ovos, bótase o leite, o aceite, o sal e o Royal. Vaise botando a fariña ata que se forme unha masa que non se pegue ás mans, nin dura nin branda. Déixase repousar unha hora aproximadamente. Logo esténdese a masa e faise a forma das orellas, despois frítense na sartén con aceite moi quente.

Orellas
Ingredientes: 2-3 ovos, fariña, anís, azucre, auga, aceite para fritir, un sobre de levadura Royal.
Bátense os ovos. Ponse a fariña en forma de volcán e, no centro, póñense os ovos batidos, o azucre, 3-4 culleradas de anís e unha pouca de auga quente cun sobre de levadura disolto. Amásase todo ata que quede unha masa ben ligada, déixase repousar unha hora; logo estírase cun rodillo ata que a masa quede fina, dun centímetro máis ou menos. Córtase a masa en triángulos ou cadrados e frítense en abundante aceite ben quente. Sácanse e espolvoréanse cun pouco de azucre.

Estas receitas foron recollidas polos rapaces do Colexio Veleiro Docampo de Castro de Ribeiras do Lea (Castro de Rei-Lugo), nos cursos 95-96 e 96-97, e publicados no libro "ANACOS DA NOSA CULTURA".

 

  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia