Skip to main content
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • O Entroido
  • Artigos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Axenda
  • Protagonistas
  • Carteis
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Xenerais da Ulla, "TODA LA COMARCA"

Axenda de actos por localidad (sin actualizar)
Axenda de actos (todos) 2022
Interés turístico: 
Interés Turístico Gallego

Os Concellos de Boqueixón, A Estrada, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces Xenerais da Ullaxuntámonos para desenvolver diversas accións encamiñadas a acadar os seguintes obxectivos:

  • Consolidar a recuperación do Entroido da Ulla como elemento singular do noso patrimonio cultural.
  • Dinamizar o turismo do territorio coa posta en valor do Entroido como eixe vertebrador do mesmo, explotando a súa capacidade de atracción e convertíndoo nun atractivo turístico de primeiro orde nas datas do entroido galego.
  • Desenvolver unha campaña de promoción conxunta.
  • Acadar a Declaración de Festa de Interese Turístico para o Entroido da Ulla.
  • Facilitar un espazo de mostra, encontro e reflexión entorno á temática do Entroido da Ulla.
  • Favorecer as situacións e actividades interxeracionais, culturais e etnográficas da zona, potenciando a interacción da poboación local cos visitantes.
  • Historia

     

    Antigüidade.

    A primeira documentación que se ten sobre o entroido dos Xenerais da Ulla corresponde ós anos 70 do século XIX. Alfredo Vicenti, ilustre político santiagués, publica a partir de abril de 1875 no xornal El Heraldo Gallego unha serie de artigos titulados “En las orillas del Ulla”. Un deses artigos titúlase “La máscara” e nel narra a formación dunha comparsa de entroido na parroquia de Oca, concello da Estrada. Posteriormente foron moitos os autores que escribiron artigos ou pequenas notas para difundiren esta tradición carnavalesca, entre outros, Bouza Brey, Manuel García Barros, Neira Vilas, González Reboredo, Mariño Ferro, Arca Caldas, Federico Cocho, etc.


    Non se pode asegurar con certeza a orixe concreta dos Xenerais da Ulla, pero, polas características comúns destas mascaradas, esta hai que buscala nos diferentes enfrontamentos armados que se sucederon na comarca ó longo do século XIX: primeiro a loita contra a invasión francesa e, despois, a revolución do 1846, que rematou coa batalla de Cacheiras, coas tropas de cada un dos bandos percorrendo os espazos en que hoxe se mantén vivo este entroido. As diferentes guerras carlistas que se desenvolveron en España durante o século XIX axudarían, sen dúbida, a crear un abraio colectivo que desembocou na súa ridiculización.

    A celebración do entroido sitúse ó redor das datas marcadas pola Igrexa para esta conmemoración. Os días con máis actos son os correspondentes ó sábado e domingo de entroido, pero tamén hai actos o martes de entroido, o domingo de piñata, o domingo corredoiro e mesmo antes se é necesario pedir traxes ou bestas prestadas.

     

    Singularidade.

    O entroido dos Xenerais é privativo da comarca natural da Ulla, en concreto dos concellos de Boqueixón (parroquias de Lestedo e Sergude), A Estrada (Cora, Couso, Paradela, Santa Cristina de Vea e Santeles), Santiago de Compostela (Aríns, Marrozos, O Eixo), Silleda (A Bandeira, Dornelas, Lamela), Teo (Bamonde, Cacheiras, Lucí, Oza, Rarís, Recesende, Reis, Vilariño, Teo), Touro (Bama, Fao, San Xoán de Touro), Vedra (Illobre, San Xián de Sales, Trobe, Vedra e Vilanova), Vila de Cruces (Merza, Piloño, Salgueiros). Tamén se celebra na parroquia padronesa de Carcacía. Antigamente había así mesmo xenerais da ulla noutras parroquias onde hoxe se perdeu a tradición, como San Mamede de Ribadulla e San Miguel de Sarandón en Vedra, Gres e Brandariz en Vila de Cruces e Ledesma en Boqueixón, entre outras. En ningún outro lugar de Galicia, nin que se saiba de España nin de Europa Occidental, hai nada semellante.

Máis información

Máis información do concello
  • A Coruña
  • A Estrada
  • Boqueixón
  • Silleda
  • Santiago
  • Vila de Cruces
  • Teo
  • Touro
  • Vedra
  • Pontevedra
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • 42.817000°, -8.417000°

Carteis

Xenerais da Ulla 2023
Xenerais da Ulla
XENERAIS DO ULLA
35 festa da Filloa en Lestedo
Xenerais da Ulla, ( Comarca ) 2018
Xenerais da Ulla
Festa Filloa, Lestedo
Festa da Filloa en Lestedo, Boqueixón
Festa da Filloa en Lestedo
Xenerais da Ulla
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia