Skip to main content
Entroido en Galicia | Carnaval en Galicia logo
  • Galego
  • Español

turismo galicia

Primary links

  • O Entroido
  • Artigos
  • Gastronomía
  • Qué visitar
  • Axenda
  • Protagonistas
  • Carteis
  • Fotos
  • Publicacións
  • Na rede
Inicio

Xenerais da Ulla en Silleda

Actos en Bandeira
Actos Lamela
Os Xenerais da Ulla en Lamela (Silleda)
Interés turístico: 
Interés Turístico Gallego

Xenerals da Ulla en Lamela y Bandeira , Silleda

Os personaxes máis importantes son os Xenerais e correos a cabalo, que percorren as parroquias ao longo do día dandos xenerais en Lamelao vivas a veciños e visitantes, acompañados dun "exercito" de abandeirados, coros, comparsas e parrandas.

Rematan escenificando un atranque ou alfo, enfrontamento dialéctico por parellas, aproveltado para facer burla e sátira de asuntos locals, de polftlca ou do corazón, acontecidos durante o ano.
Dunha parroquia a outra o EntroIdo do Ulla presenta pequenas diferenzas, mantendo cada un deles trazos
definitorios que os fan únicos.
Xenerais e correos engalanados conforman a espectacularidade desta auténtica expresión do entroido tradicional galego.

Antigüidade.

A primeira documentación que se ten sobre o entroido dos Xenerais da Ulla corresponde ós anos 70 do século XIX. Alfredo Vicenti, ilustre político santiagués, publica a partir de abril de 1875 no xornal El Heraldo Gallego unha serie de artigos titulados “En las orillas del Ulla”. Un deses artigos titúlase “La máscara” e nel narra a formación dunha comparsa de entroido na parroquia de Oca, concello da Estrada. Posteriormente foron moitos os autores que escribiron artigos ou pequenas notas para difundiren esta tradición carnavalesca, entre outros, Bouza Brey, Manuel García Barros, Neira Vilas, González Reboredo, Mariño Ferro, Arca Caldas, Federico Cocho, etc.

Non se pode asegurar con certeza a orixe concreta dos Xenerais da Ulla, pero, polas características comúns destas mascaradas, esta hai que buscala nos diferentes enfrontamentos armados que se sucederon na comarca ó longo do século XIX: primeiro a loita contra a invasión francesa e, despois, a revolución do 1846, que rematou coa batalla de Cacheiras, coas tropas de cada un dos bandos percorrendo os espazos en que hoxe se mantén vivo este entroido. As diferentes guerras carlistas que se desenvolveron en España durante o século XIX axudarían, sen dúbida, a crear un abraio colectivo que desembocou na súa ridiculización.os xenerais en Lamela

A celebración do entroido sitúase ó redor das datas marcadas pola Igrexa para esta conmemoración. Os días con máis actos son os correspondentes ó sábado e domingo de entroido, pero tamén hai actos o martes de entroido, o domingo de piñata, o domingo corredoiro e mesmo antes se é necesario pedir traxes ou bestas prestadas.

O entroido dos Xenerais é privativo da comarca natural da Ulla, en concreto dos concellos de Boqueixón (parroquias de Lestedo e Sergude), A Estrada (Cora, Couso, Paradela, Santa Cristina de Vea e Santeles), Santiago de Compostela (Aríns, Marrozos, O Eixo), Silleda (A Bandeira, Dornelas, Lamela), Teo (Bamonde, Cacheiras, Lucí, Oza, Rarís, Recesende, Reis, Vilariño, Teo), Touro (Bama, Fao, San Xoán de Touro), Vedra (Illobre, San Xián de Sales, Trobe, Vedra e Vilanova), Vila de Cruces (Merza, Piloño, Salgueiros). Tamén se celebra na parroquia padronesa de Carcacía. Antigamente había así mesmo xenerais da ulla noutras parroquias onde hoxe se perdeu a tradición, como San Mamede de Ribadulla e San Miguel de Sarandón en Vedra, Gres e Brandariz en Vila de Cruces e Ledesma en Boqueixón, entre outras. En ningún outro lugar de Galicia, nin que se saiba de España nin de Europa Occidental, hai nada semellante.os xenerais en Lamela

 

Máis información do concello
  • Silleda
  • Pontevedra
  • Facebook Like
  • Tweet Widget
  • Google Plus One
  • 42.734897°, -8.321589°

Carteis

Xenerais da Ulla 2023
XENERAIS DO ULLA
Xenerais da Ulla, ( Comarca ) 2018
Xenerais da Ulla
Xenerais da Ulla, Pontevedra
Facebook Like Tweet Widget Google Plus One

Eventos do Entroido 2023

entroido carnaval antroido galicia dia

Xaneiro

 Sábado do Petardazo

Domingo Faraleiro

Febreiro

Colgamento do meco

 Domingo Oleiro

 Xoves de Compadres

 Noite de Mulleres

 Domingo Corredoiro

 Xoves de Comadres / Noite Corredoiro

Venres de Entroido

Sábado de Entroido

Domingo de Entroido

Luns de Entroido

Martes de Entroido

Mércores de Cinsa / Enterro da Sardiña

Domingo de Piñata

Luns de Farrapos

galicia digital
Aviso Legal | Politica de Privacidad | Política de cookies | Contacto
InternetGalicia